“POEMAS E CONTOS CON MANUEL MARÍA” NA A.L.M DE SOBRADO

O día 19 de maio tivo lugar na biblioteca esta actividade con motivo da celebración do Día das Letras Galegas que este ano está adicado o poeta Manuel María

O día 19 de maio tivo lugar na biblioteca esta actividade con motivo da celebración do Día das Letras Galegas que este ano está adicado o poeta Manuel María

Contacontos en homenaxe a Manuel María “O poeta do Miño” simultaneando a narración coa ilustración da historia no que se fixo partícipes aos nenos e nenas requerindo a súa colavoración en diferentes momentos do espectáculo. A actividade rematou co debuxo dunha caricatura do autor por parte de todos os/as participantes, guiada polo ilustrador. Foi unha actividade moi interesante que permitiu aos asistentes afondar na figura de Manuel María de xeito ameno e divertido. As reacción do público foron moi positivas, participando de xeito activo en todo momento e disfrutando moito da xornada.
Na Biblioteca Municipal “Estudios Locais ” tivo lugar un espectáculo de Maxia e Música en torno a Manuel María, o benquerido poeta homenaxeado este ano con motivo do día das Letras Galegas. Os maestros de ceremonias do evento foron o baxista Alvaro Muras e o ilusionista Martín Camiña, que achegaron o público a vida e a obra de Manuel María mediante unha acertada posta en escea que combina maxia e música. Oitenta persoas, entre cativos e adultos, disfrutaron dunha hora onde tamén eles foron os protagonistas, pois axudaron a Camiña a elexir unha carta da baralla, a ocultar panos no peto e a sacar cordas dalgunha dimensión descoñecida.. 
Na Biblioteca Forum Metropolitano da Coruña, celebramos o Día das Letras Galegas dun xeito moi especial. Neste obradoiro, para nenas e nenos de 6 a 12 anos, enmarcado dentro do Programa “Ler conta moito”, coñecemos o mundo poético de Manuel María, e recreámolo ó noso xeito nun libro despregable.

A casa de Manuel María na Biblioteca Forum da man do Teatro Babaluva.
Onte, 18 de maio, conmemorábase o centenario da creación das Irmandades da Fala. Con tal motivo, quixemos achegar a figura dun dos seus máximos promotores, Castelao.
Grazas a A Xanela do Maxín e o seu teatriño de sombras fomos descubrindo como eran os personaxes da época do autor, reflectidos na súa obra… os rapaces mesmo puideron manexar as figuriñas no teatriño que Celtia nos agasallou… e pasárono en grande!

O xoves doce de maio, os alumnos de 3º, 4º e 5º de primaria do CEIP de Oliveira achegáronse á axencia de lectura de Guillade para participar no Gran Xogo das Letras Galegas cos amigos de Eduvia.
Durante unha hora e media, divididos en catro equipos (“Maria Mariño”, “Rosalía de Castro”, “Castelao” e “Manuel María”) e lanzando, por quendas, un dado enorme, os participantes realizaban as probas indicadas -pictionary, a crear, sorpresa…
Todas as probas estaban relacionadas co Día das letras Galegas, coa súa historia, e cos autores homenaxeados ao longo do tempo, con especial atención ao poeta Manuel María.
Unha divertida, animada e participativa forma de aprender cunha actividade na que nos divertimos ao tempo que descubríamos información relacionada co galego e cos autores galegos.
Para rematar, os equipos gañadores recibiron felices o aplauso dos comp
añeiros.
No obradoiro de scratch “Creación de historias animadas”, os rapaces e rapazas pasaron unha mañá moi entretida, donde Pablo Suárez lle ensinou como facer as súas propias creacións.


Na tarde do luns 16 de maio de 2016, no Concello da Baña pasamos unha tarde gastronómica entre cultura. Degustamos café, batido e cacao coas letras de Manuel María, onde os/as participantes fomos lendo os seus poemas acompañados dun doce e dos debuxos que fixeron os/as máis pequenos/as.
Achegámonos algo máis ao autor homenaxeado e alimentamos a imaxinación e a barriga nunha tarde agradable de sol e de boa compañía.
E como toda merenda pide pan, decantámonos por unha deliciosa Merenda con pan de millo que nos prepararon os de MIGALLAS TEATRO. Foi un excelente fin de tarde co teatro, cantando e prestando atención ás interesantes historias que nos contaron nas que aprendemos a respectar máis aos nosos maiores (os avós e as avoas), os xogos en equipo, os hábitos saudables e a marabillosa cultura tradicional .
Familias e pequenos/as cantamos en directo coa banda de pulgas que interpretaba miles de instrumentos. A imaxinación e o ritmo voaban como voou o tempo durante esta tarde na Baña.

o día 16 de maio a biblioteca de Lourenzá celebrou o dia das Letras Galegas cun conta contos no que participaron 120 nenos e nenas .Estivo a cargo do artista Manuel Solla Barragáns<, e na mencionada actividade os asistentes desfrutaron coa palabra, os xestos e a propia participación dos asistentes.
Os contadores Polo Correo do Vento achegáronnos as aventuras da saramaganta Roi en “O poeta do Miño”, una historia que homenaxea a Manuel María.
Nenos e adultos gozaron dunha historia na que os protagonistas percorrían o río Miño, seguindo moitas das paisaxes contadas e poetizadas por Manuel María, e tamén coñecendo algún dos seus poemas.
Ao rematar a historia, aprenderon con Carlos Taboada, o ilustrador, a debuxar una caricatura do noso poeta lucense.




Séguenos