Polo Correo do Vento presentou na Biblioteca Pública Municipal de Padrón: O misterio do pirata Benito Soto.
Os nenos e nenas acompañados dos seus familiares gozaron dunha xornada de contos e debuxos.


A B.P.M. de Brión celebrou o Día das Bibliotecas cunha actuación a cargo do grupo “Glup, Glup Teatro, que presentou na sala infantil da biblioteca a obra “Catalina, Lino, Lina”, un espectáculo teatral destinado a fomentar o amor polos libros e a lectura entre os nenos de 3 a 10 anos de idade.
Catalina Lino Lina, farta de agardar a que alguén abra as páxinas do libro no que habita para poder cobrar vida, decide escapar para vivir as súas propias aventuras. Unhas divertidas historias que a protagonista compartiu cos máis pequenos durante pouco máis de 45 min.
A representación celebrouse o día 23 de outubro ás 17:30 h. A ela asistiron algo máis de trinta persoas, entre nenos e adultos acompañantes. Os pequenos interactuaron activamente con Catalina, participando con interesa nos contos e historias narrados pola rapaza que habita nos libros.
O espectáculo estivo organizado pola B.P.M. de Brión co patrocinio do programa “Ler conta moito” da Rede de Bibliotecas de Galicia.

SANYO DIGITAL CAMERA

SANYO DIGITAL CAMERA

SANYO DIGITAL CAMERA
Da man de Triateros hoxe tivemos na BMP de Celanova unha sesión de contacontos baixo o lema de Comechíns. Unha boa maeira de celebrar o Día da Biblioteca dunha maneira lúdica e divertida
A maxia, as luces, o fume e incluso os animais déronse cita na biblioteca “Miguel Sande” de Pastoriza, Arteixo. 42 nenos marabilláronse co espectáculo de Leo Leíño este pasado xoves 22 de outubro no que difrutaron tanto pais, nenos e,por que non dicilo, persoal da biblioteca.


Para celebrar o día da biblioteca onte recibimos a Sole de Cucarandainas co seu espectáculo CONTOS DE PETO. Pasámolo moi ven cos contos que contou e merendamos un sándwich especial do noso amigo SAM. Foi unha tarde moi divertida.
Hoxe tivemos unha visita moi importante na Biblioteca Pública Municipal de Sarria: o mismísimo primo do Papá Noel!
Atendendo ás súas divertidas indicacións, cortando e plegando, intercambiando retais de diferentes cores, fomos facendo primeiro unha boca, despois uns ollos, pelos, brazos, pernas… ata ter completado cada un o noso propio comepán.

A un chamámoslle Juan, a outro Cu… Estaban tamén Jaru, Amelia, Ratiña, Luna… e así ata vintedous nomes para estes novos amigos tan especiais.

Quén nos ía decir que a partires dun simple papel…

Moitas grazas ao señor Viravolta por esta magnífica visita.
Cómo é posible que chegaran ata nós as pegadas dos dinosaurios?
Os rapaces de Maumarela amosáronnos cómo foi isto; por qué e cómo “nace” un fósil.

E despois nós mesmos poidemos experimentar facendo rocas, e ver cómo, co paso de dinosaurios variados e do tempo, nacían os nosos propios fósiles na Biblioteca.

Impresionante!

Noraboa por este marabilloso obradoiro.
Había unha vez na Biblioteca Pública Municipal… animais inventados!
Dende a loba con Rómulo e Remo, ata o Minotauro e pasando polo Grifo, descubrimos con Luis as lendas que orixinaran estes animais míticos, e mesmo dibuxamos as nosas diversas interpretacións dalgún destes animais fantásticos.

E despois de experimentar… tocou inventar!
Entre lápices, papeis e cores, e coa nosa imaxinación ben disposta, o catálogo de animais fantásticos xurdidos en Sarria resultou fascinante e variadísimo.

Estes recén descobertos animais, naturalmente, agora teñen tamén cada un a súa propia historia…

Na Biblioteca Central os nenos e nenas así como os pais asistentes celebraron unha versión moi actual de Carapuchiña Vermella que sorprendeu polas novidades que diferencian o conto do clásico de sempre e deixou ao público con gañas de máis…

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

O sábado 17 de outubro ás 12 h. na Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel, Charo Pita realizou a actividade “Sobre nenas e nenos” contando diferentes contos. Resultou moi entretida, moi motivadora e participativa.


Séguenos