Obradoiro/taller de Cómic con Santy Gutiérrez na Biblioteca Municipal Xabier P. Docampo, de Cambre (II)
Santy Gutiérrez ofrécenos na biblioteca, o mesmo día 25 de abril, un segundo taller dirixido ao alumnado de 3º D do IES Afonso X O Sabio.
Este obradoiro abarca desde como se elabora un guión e deseñan os personaxes, ata o traballo último de rotulación. Fai fincapé nos distintos tipos de expresións, así como en certos trucos ou recursos que se utilizan na banda deseñada e que nos van a axudar a dar información ao lector. Os participantes fan prácticas constantemente, de diversas situacións, con distintos planos… Remata coa realización dunha páxina de cómic, partindo dun guión que se lles facilita.
É moi interesante, ademais, o percorrido que fai polos principais mercados do cómic a nivel mundial, valéndose dos fondos de banda deseñada existentes na biblioteca: o cómic europeo, americano e o manga xaponés. Propón ademais unha serie de lecturas recomendadas. Serve moi ben para dinamizar, a partir de aquí, o fondo da biblioteca.
Séguenos