Momentos da representación do espectáculo musical “Brinca Vai” no Auditorio Municipal do Concello de Catoira.
O artista interactuou en todo momento co público asistente, logrando un rotundo éxito na súa actuación.
O venres pola mañá a Biblioteca de San Sadurniño volveu ser escenario dunha actividade arredor dos libros como principais vehículos da cultura e do descubrimento do mundo para os nenos e nenas. A rapazada de 2º e 3º de educación primaria escoitou alí as narracións de “A orixe”. Unha exploradora -Raquel Queizás- chegou á biblioteca co afán de compartir as narracións escoitadas nas súas expedicións polo mundo, dramatizando lendas, contos e mitos coa axuda de pequenos tesouros recollidos nas súas viaxes.
O día 23 de abril, quixemos celebrar o día do libro cunha festa especial para os rapaces, con contos e pasteis.
Antón e Tomasa divetíronnos con seu conto que gustou tanto aos pais como aos nenos. E rematou a sesión, cun obradoiro de fondant, que desfrutaron e degustaron os rapaces.
O día 23 de abril co motivo do día do libro a Biblioteca Municipal do Porriño, levou a cabo un contacontos a traves da compañía “Lisistrata” baixo o lema contando en feminino.
Contos contados dende a perspectiva de xénero e igualdade. Onde o papel feminino sexa, non o tradicional nos contos, senón algo igualitario. Contos tamén onde o final pode cambiar e tamén onde a protagonista non se vexa como algo inferior e sempre coas mesmas identidades.
Durante a semana varios centros educativos da vila redescubriron a biblioteca, por medio de visitas guiadas.
Con motivo da celebración do “Día Internacional do Libro” levouse a cabo, na biblioteca, unha sesión de contacontos, a cargo de Marisa Irimia, animadora, ilustradora e narradora, que cautivou ós nenos e nenas asistentes.
Marisa, axudada por monicreques, bonecos e cancións centrou a atención dos máis pequenos, facendo as ledicias do público asistente.
O xoves día 23 de abril ás 18 h. 
Pablo Díaz presentou o seu espectáculo Cantacontos para bebés, dirixido aos nenos e nenas de 0 a 3 anos. A actividade asistiron un total de 76 persoas, 40 adultos e 36 nenos.
Pablo Díaz, amenizou a sesión de contacontos cos seus instrumentos(flautas, guitarra) e con cancións, nas que se fai referencia a elementos da natureza, o mar, a lúa , o sol ou os animais, buscando un acercamento aos libros e a música tradicional (tocou unha muiñeira coa flauta). Contos e cancións cheos de ledicia , que gustaron os nenos e maiores.
O Grupo de Teatro Triatreros, estivo o sábado 25 de abril na sala infantil da Biblioteca Municipal de Chantada, co contacontos Comechíns. Nesta sesión a encargada da actividade, Alba Bermúdez, contou varios contos relacionados coa alimentación saudable. Os contos estiveron acompañados dunha pequena exposición de libros desta temática , e tamén se fixo relación aos libros infantís que temos na biblioteca relacionados coa alimentación . Os máis pequenos foron os que máis disfrutaron da sesión.
.
Disfrutando enormemente co Obradoiro de Banda Deseñada de Xosé Tomásna celebración do Día do Libro. Excelente actividade para os mozos do Clube de Lectura do IES de Foz
A Xanela Ocio despedíronse de Cambados o pasado venres 24 de abril, tras ter visitado as catro axencias de lectura do municipio. A última en gozar das súas divertidas historias foi a nosa ALM de Castrelo que puido celebrar entre sorrisos o Día do Libro.
O sábado 25 de abril a Biblioteca Municipal do Grove foi o escenario do espectáculo O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa a cargo de Talavera Teatro.

A actividade deu comezo ás 18.00 h e constou de dúas partes: en primeiro lugar 50 nenos e nenas e outros tantos adultos puideron divertirse coas aventuras e desventuras amorosas do cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa.


A continuación, a rapazada participou nun obradoiro de decoración de galletas con pasta de azucre Fondant

Fantástica velada de sábado na que grandes e pequenos pasaron unha tarde de lecer na compañía do cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa


Séguenos