O sábado 25 de abril veu a nosa biblioteca Olga Abad da compañía Intres, e contou moitas historias divertidas sobre ratos, ratiñas e gatos : a historia do rato César, a rata Lavandeira e da gata Renata… a través dun teatriño de sombras e marionetas.
A Biblioteca Municipal de Quiroga celebrou o día do libro o sábado día 25 coa actuación de Migallas Teatro co espectáculo “Merenda con pan de millo”. Foi unha actividade moi participativa e divertida para o numeroso público asistente.A elaboración do pan millo como fío conductor dun espectáculo de teatro infantil e músical baseado no libro disco publicado pola editorial Kalandraca .A maiores do fomento da lectura cabe salientar a importancia deste espectáculo para a educación en valores (repecto aos avós, importancia da sabeduría das persoas maiores, respecto pola natureza,a colaboración fronte a competición etc)
Para celebrar o Día do Libro o pasado venres 24 de abril tivo lugar a actuación de Pan e auga? Sopas! na Biblioteca Municipal de Abegondo. Foi unha tarde moi entretida onde houbo dúas partes diferenciadas que fixeron as delicias dos nenos e nenas asistentes. Unha primeira parte onde se contaron historias do avó Casiano mesturando cantigas populares, e na segunda parte fíxose un obradoiro de cociña creativa que agradou moito tanto a rapaces coma os pais e nais que alí se atopaban.


Xosé Tomás ofrécenos un obradoiro moi dinámico e creativo, intercalando teoría e práctica. Comeza cunha serie de referencias históricas, desde os inicios da banda deseñada para ir introducíndonos na propia linguaxe do cómic: liñas cinéticas, estereotipos, onomatopeias, a importancia dos silencios, as viñetas e as súas diferentes formas, os globos ou bocadillos, a elipse, os planos…
Potencia a creación de historias propias, con guións sobre a propia vida. Se non se nos ocorre nada, tamén podemos xogar co signo de interrogación.
Potencia o fondo de cómic da propia biblioteca, mostrando publicacións interesantes que hai dispoñibles para préstamo.
É un obradoiro moi didáctico e Xosé Tomás un gran comunicador.
Estes talleres forman parte do programa ABRILUSTRADO das bibliotecas Municipais de Cambre.
![20150424_122135[1]](http://blogs.xunta.gal/lercontamoito/wp-content/uploads/sites/2/2015/04/20150424_1221351-690x517.jpg)
O venres 24 de abril, a axencia de lectura do Concello de Santiso acolleu a actividade “Fotoconto” na que participaron arredor de 45 nenos e nenas.
Foi unha actividade cargada de imaxinación e creatividade onde os cativos crearon un conto sendo eles mesmos o protagonistas.
O 23 de abril celebramos o Día do Libro cunha escenificación dos contos “Ajdar” e “Papamedos” , de Nanoteatro, nos que mexturaron conto, teatro e música, facendo desfrutar enormemente ao público.

O pasado día 23 a biblioteca municipal de Oroso celebrou o día do libro co obradoiro “Fotoconto” no que os asistentes elaboraron un conto do que eles eran os protagonistas e as ilustracións as súas propias fotos.
O 22 de abril, seguindo ca celebración dos mes dos libros, Marisa Irimia contounos fermosas historias. Esta actividade celevrouse na axencia de lectura de Esteiro ( Muros)
O día 17 de abril estuvo TrinkeTrinke con “Aventuras na cociña” en Muros. Os nenos quedaron encantados cos pratos preparados con frutas


Séguenos