A actriz e contacontos Raquel Queizás visitou a biblioteca de San Sadurniño
O venres pola mañá a Biblioteca de San Sadurniño volveu ser escenario dunha actividade arredor dos libros como principais vehículos da cultura e do descubrimento do mundo para os nenos e nenas. A rapazada de 2º e 3º de educación primaria escoitou alí as narracións de “A orixe”. Unha exploradora -Raquel Queizás- chegou á biblioteca co afán de compartir as narracións escoitadas nas súas expedicións polo mundo, dramatizando lendas, contos e mitos coa axuda de pequenos tesouros recollidos nas súas viaxes.



























Séguenos