Ca axuda dos nenos e Minia Regos, os personaxes dos contos da nosa biblioteca cobraron vida e transformáronse en personaxes de animación. Os nosos nenos convertéronse en directores, realizadores, creadores e dobradores de cine.
Documento sin título
Na Biblioteca Forum Metropolitano da Coruña tivemos a sorte de desfrutar dun Obradoiro de ilustración. Os ilustradores de OINK!– a revista do Xabarín Club- (neste caso Ana Santiso) puxéronse mans á obra para dar a coñecer o mundo da banda deseñada á xuventude a través dun taller creativo que tivo lugar do 18 ao 20 de agosto na sala infantil da propia biblioteca onde os rapaces e rapaces de 10 a 15 poideron desfrutar das clases maxistrais a cargo de Ana Santiso.
Despois de coñecer as distintas escolas (as máis coñecidas) e as diferencias entre ambas (a americana, a europea e a xaponesa) os artistas puxéronse man á obra e crearon as súas propias tiras.
Eugenia Muñoz fíxonos viaxar ao Antigo Exipto a través dos xeroglíficos e dun papiro esnaquizado que encerraba un misterio. Tamén realizamos unha figura dun escaravello e un marcapáxinas que contiñan unha mensaxe.



Minia Regos e os nosos nenos internáronse no mundo do cine, transformaron contos da nosa biblioteca en curtos de animación.
Obradoiro de creación de imaxes en movemento a partir de debuxos e imaxes fixas feitas de plastilina
Da man de Xanela Ocio, os/as nenos/as de Verín, no servizo de Bibliopiscina foron transportados a un mundo de ilusión e ledicia grazas a música dunha discoteca móbil, coa que bailaron e realizaron xogos lúdicos e educativos. Ao longo dunha hora e vinte minutos, todos e todas gozarán dun tempo de lecer no que os soños se converterán en realidade, e no que os/as menores serán os verdadeiros protagonistas.
O mércores 6 de agosto Olga Abad Prieto, da compañía Intres, tróuxonos a historia “O sono do rato”. A través dun teatriño de sombras e marionetas contounos diversas aventuras protagonizadas por este pequeno animal.


Séguenos