Marta Ortiz en Xermade
Onte, para celebrarmos o día das bibliotecas que se conmemora hoxe, visitounos Marta Ortiz co seu espectáculo Tralará.
Gozamos é rimos moitísimo coas suas cancións, ritmos e refráns. Que ben o pasamos!

Onte, para celebrarmos o día das bibliotecas que se conmemora hoxe, visitounos Marta Ortiz co seu espectáculo Tralará.
Gozamos é rimos moitísimo coas suas cancións, ritmos e refráns. Que ben o pasamos!


Este xoves, 23 de outubro, na Biblioteca Municipal Xabier P. Docampo (A Barcala – Cambre) gozamos dunha extraordinaria sesión de contos con imaxes e sons de paxaros.
Co gallo da celebración do Día das Bibliotecas, o xoves 23 de outubro pola tarde, tivemos na Biblioteca Pública Municipal de Barreiros un escape room para a rapazada, que coñeceu os segredos que garda a Biblio, e conseguiron axudar a Rosalía a que lle voltara a memoria. Pasárono xenial!
Con motivo do día das Bibliotecas, o 23 de outubro contamos coa actuación de Brais das Hortas e o seu espectáculo “Contos para Caghar Patatillas”, que fixo as ledicias tanto do público infantil como dos adultos. Interactuou moi ben co público crean do un ambiente distendido e moi conectado cos contos e as cancións.




Hoxe, 23 de outubro, desfrutamos coa actividade de narración oral “A corpo contado” da man de Charo Pita. A sesión estivo dirixida aos nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria do CPI de Pontecesures que cantaron e bailaron coas historias cheas de maxia e emoción.
Portosín acolleu recentemente a actuación de Teatro Ghazafelhos, que entretivo ós cativos do lugar cos contacontos de “Contamos contos de Lobos?”, ós que axudaron a levar a cabo.


Na tarde do mércores 22 de outubro, Alba de Vales achegou á Biblioteca Central María Pita de Cambre, unha chea de contos e cantos de terra e tenrura.
Os pequenos das parroquias sonenses da contorna de San Pedro de Muro tiveron a ocasión de desfrutar da actuación de Teatro Ghazafelhos e mesmo de formar parte de contos populares con lobos, como os célebres Carrapuchiña, os tres porquiños e outros.


O pasado 15 de outubro na Biblioteca José Saramago de Vite tivo lugar A actividade correspondente ao Ler Conta Moito constou de dúas partes. Na primeira, o espazo foi decorado cunha ambientación inspirada nos contos narrados, contando ademáis, con efectos sonoros -pandeiro de auga ou a rá güiro- que axudaron a crear unha atmósfera máis envolvente. Leeronse 3 contos: El monte es una fiesta, Miedo a la oscuridad e Bichos de cuento, os cales trataron temáticas como o coidado do medio ambiente e a amizade. Como apunte, estes contos son de orixe arxentino, traidos
dende alá pola narradora, a cal intentou facer boa parte da actividade en galego.
Na segunda parte, os nenos e nenas asistentes xogaron a dibuxar en diferentes láminas diversas partes do corpo -cabeza, tronco e pernas- xurdindo ao final, personaxes disparatados e graciosos que provocaron bos momentos de risa.



Séguenos