ALICIA NO PAÍS DAS MARABILLAS, de Títeres Cachirulo
Versión do clásico de Lewis Carroll en marionetas que fixo as delicias dos mais pequenos

Versión do clásico de Lewis Carroll en marionetas que fixo as delicias dos mais pequenos

Contacontos para os áis pequenos onde a igualdade e a loita coa violencia d exénero estan de fondo.

O xoves 20 de xuño, a Biblioteca Municipal da Estrada acolleu a visita de Yolanda Castaño, Premio Nacional de Poesía, quen levou a cabo un contacontos en verso para nenos e nenas, no cal relatou varios poemas do seu conto infantil Coller as rendas, de xeito ameno e intercalándoo con distintas conversas cos nenos e nenas asistentes, que podían participar e compartir as súas opinións sobre os diversos animais que protagonizan o conto.

O venres 14 de xuño Marta Ortiz visitounos coa súa sesión de contos para os máis pequenos “Casa, casiña, casona”. Un grupo de dezasete nenos e nenas de 1 a 3 anos acompañados dun adulto gozaron coas cancións, arrolos, poemas e xogo deste espectáculo diseñado para a primeira infancia.

Esta tarde tivemos a visita de Títeres Cachirulo, que nos presentou a Dracus cús cús, un dragón moi simpático que está de aniversario, cumpre 6 anos. Nesta data tan sinalada, ocorre que ten que escupir lume por primeira vez, pero algo fallou, en lugar de lume o que Dracus cús cús bota pola súa boca, é auga. Desesperado pide axuda a súa amiga Xela, que lle busca un agocho nunha cova secreta. Ata alí, irán os seus compañeiros de clase, e descubrirán un personaxe malvado que vai tentar capturar a Dracus.. Pero xuntos conseguirán un final feliz.

Na Biblioteca Munici
pal de Cela os cativos e maiores pasaron unha tarde irrepetible da man da música que Jara Ortiz lle puxo a varios dos poemas máis coñecidos de Rosalía de Castro. Tarde inesquecible que pecha a actividade XUÑO DE CONTOS que percorreu a Rede de Bibliotecas de Bueu. Xa nos tardan as próximas actividades que da man do programa de
LER CONTA MOITO se van poder gozar nas nosas Bibliotecas .
O venres 14 de xuño estivo en Sober o Mago DEIMI. A partir dunha serie de libros, este mago foi realizando distintos números de maxia, interactuando coas persoas asistentes. Un espectáculo moi entretido e realizado con gran profesionalidade.


O día 18 de xuño tivo lugar a actuación do Mago Teto co seu espectáculo “A maxia dos contos”
onde os nenos disfrutaron moito
O pasado venres, 14 de xuño, Trémola Teatro visitou a Biblioteca Municipal da Estrada co seu espectáculo Leo e a música, un espectáculo dirixido a bebés.
Case trinta cativos e as súas familias se reuniron na sala de actividades da biblioteca estradense para desfrutar dun espectáculo no que Paula e Leo coñecían a diversos animais, cantaban e bailaban, ante a atenta mirada e a ilusión dos pequenos e pequenas, que tamén tiveron a oportunidade de participar no espectáculo.




Na tarde do pasado venres, a rapazada de Dodro disfrutaron moito, realizando unha serie de experimentos científicos moi interesantes con Héroes para la ciencia



Séguenos