Triquitraque-Traquetriqui
Na biblioteca Miguel González Garcés de Culleredo, celebramos a Semana do libro cunha programación especial. Unha das actividades elexida foi un contacontos para bebés, Triquitraque-traquetriqui, a cargo de Charo Pita. A actividade durou 40 minutos, pero os bebés aguantaron perfectamente e aos pais e nais encantoulles. Charo, cantounos, contounos, rimounos e todos xuntos xogamos a cabalgar nun cabalo.
























O mércores 9 de outubro visitounos na Biblioteca “Rosalía de Castro” de Sta. Cruz (Oleiros) Nita Romero cargada cun montón de contos e divertidos experimentos que fixeron as delicias de nenos e non tan nenos. A primeira sesión que comenzou ás 5 da tarde estivo dedicada a nenos e nenas de 0 a 3 anos, comenzamos sentados todos na alfombra escoitando o conto do “Globo vermello” para pasar as mesas e experimentar con globos inflados con vinagre e bicarbonato, facer maxia cun globo que cortamos coas tesoiras e despois inflou Nita, cantamos a canción da Lúa e escoitamos o conto da Estrela de Laura, para debuxar estrelas con paliños e acuarelas e facer arcos da vella con xabrón.





Séguenos