Unha hora de contos de fadas trampeiras, príncipes malvados e meigas máis boas có pan.
Un mundo visto do reves.
Unha función na que se divertiron nenos e pais acarón dos libros.
O día 2 de abril, día internacional da literatura infantil e xuvenil, a Biblioteca das Pontes de García Rodríguez recibiu a visita dos contacontos Pavís Pavós, que nos contaron o seu Palma repalma contos para bebés. Os nosos usuarios máis novos pasárono estupendamente escoitando as aventuras do Polo Pepe ou do Crocodilo.

O 2 de abril coincidindo co Día do Libro Infantil Manuel Solla estivo en Camariñas co espectáculo Conto Contigo.
Foi unha divertida sesión na que os nenos/as puideron escoitar narracións de princesas e príncipes, interactuar con animaliños, introducirse no mundo da maxia e colaborar como actores/actrices.
A despedida foi moi complicada e Manuel prometeu volver a visitarnos.
O pasado Xoves día 27 de Marzo, DIA MUNDIAL DO TEATRO, en Bibliopazos contamos cunha nova actividade de animación á lectura e nos visitou a actriz, escritora e contacontos Carmen Domech, que nos deleitou co seu espectáculo “CONTACONTOS DE LIBROS CONTENTOS” na sala de lectura.
Asistiron os rapaces e rapazas de 5º e 6º de Primaria do Colexio Público Integrado “Curros Enríquez” de Pazos de Borbén que pasaron un rato estupendo coas historias de Carmen Domech sobre os sucesos e cousas fantásticas que lles ocorrían aos seus libros.
Ao finalizar a actividade leéuse a mensaxe de Brett Bailey parao Día Mundial do Teatro 2014.
Aquí deixamos unhas imaxes de ese día.
Expresión Produccións achegou ata a Axencia de Lectura “Conto contigo”, un espectáculo de animación á lectura cunha selección de contos, apoiándose nos monicreques e da maxia, creou un espectáculo moi dinámico onde todos participaban.
A narración oral viña acompañada pola manipulación de animais de xoguete, libros e obxectos escénicos que saían da maleta do narrador e que era o nexo común da narración.
Nun principio o narrador pregunta aos participantes se atoparon a Flint, un rato de biblioteca de cor branco, e fai mención do uso responsable dos libros como ferramenta de coñecemento, preguntando aos nenos e nenas se sabían como tratalos.
Despois contou un primeiro relato sobre as peripecias de Juan, un neno que desexaba unha mascota, aludindo á actitude responsable das persoas ao ter una mascota. Utiliza a vocalización para cada unha das personaxes. Despois do conto pediu aos nenos que subiran ao escenario a imitar un animal que o publico tiña que adiviñar.
No segundo relato, O tiburón Conrado, conta as peripecias dun tiburón que naceu sen dentes e que so comía algas e vexetais e que, ao ser diferente, era obxecto de burlas polos demais da manada polo que decidiu marchar. Os asistentes aprenderon unha canción que interpretaron nalgúns momentos do conto co narrador.
Para rematar, o narrador solicitoua a axuda de dous nenos do público que souberan ler e escribir para a realización dun truco de maxia que deixou a todos os asistentes abraiados.
O artista ao final da sesión fixo unha enquisa sobre o visto no espectáculo , preguntando que partes da actividade gustaran mais e o grado de aceptación do público ao que ía dirixido.
Preto de 50 nenos e nenas acompañados dos seus familiares asistiron a “Conto contigo”. O artista engatusou a grandes e pequenos cun ameno espectáculo, onde o espectador estivo participativo dende o principio para axudar ao desenvolvemento das historias.
O sábado 22 de marzo tivemos a Larraitz Urruzola na Biblioteca Ánxel Casal, coas historias de Babamor e todas as súas familias cheas de amor.

En Babamor hai familias grandes e pequenas, familias envoltas en toneladas de cariño. Ollos que miran a outros ollos, cóxegas e paseos por xardíns de bolboretas.
Espectáculo de narración oral tradicional no que a titiriteira Larraitz xoga con atmósferas e situacións que xurden da transformación de obxectos e espazos do mundo dos contos.

Moi importante a presenza dos contos en todo o espectáculo e a insistencia da narradora na lectura como fonte de inspiración e forza para a nosas vidas.
Expresión Produccións realizou o seu espéctaculo de animación a lectura na Biblioteca Ánxel Casal, cunha mezcla de actividades de contacontos, títeres e maxia.

Unha posta en escea espectacular como base para unha actividade na que a participación dos nenos e nenas foi primordial.

Ademáis dos contos, aprendemos trabalinguas e cancions.
A actividade “Tecín soia a miña tea” realizouse o día 21 de marzo, Día da Poesía, e como colofón da exposición que a biblioteca realiza todos os anos sobre Rosalía de Castro. Aínda que a actividade era aberta ó público, invitouse a un grupo de nenos e nenas de 3º curso da E.S.O., que están estudiando á escritora. O espectáculo comenzou como estaba previsto ás 11 horas e ramatou despois das 12 horas.
A intérprete do espectáculo, Ana Hermida, levou a cabo a dramatización de poemas de Rosalía, amosándonos unha nova visión da escritora e mostrándonos unha Rosalía, a veces divertida, outras reivindicativa, etc.
A actividade non deixou impasibles os asistentes que, ó remate da mesma, mostraron a súa gran satisfacción polo espectáculo.
Suliñar tamén a participación dos asistentes e a súa interrelación coa intérprete.
O remate do espectáculo, os asistentes leron poemas de Rosalía e debatiron sobre a súa figura.
Tarde de sol como facía moito que non víamos, pequenos cos seus pais e nais e cancións, rimas e contos grandes e pequenos para animar

Contos para bebés
Continuando coa nosa Choiva de Contos, Fátima Fernández veu o pasado sábado 8 de marzo a contarnos os seus Contos susurrados.

Contos susurrados na Biblioteca Ánxel Casal
E mentras Fátima conta estas historias, as figuras do conto van saíndo das súas mans.

Historias no aire dos Contos susurrados


Séguenos