LEO LEÍÑO, NA BIBLIOTECA ÁNXEL CASAL COA SÚA MAXIA CÓMICA




O día 30 de abril tivemos a Manuel Solla na biblioteca de Covelo representando o contacontos “Conto contigo” para os nenos de 4 a 8 anos do colexio de Covelo. Espéctaculo moi ameno e divertido onde os nenos disfrutaron e participaron co humor e inxenio do autor.
Por 2ª vez tivemos a sorte de contar na biblioteca coa contacontos Sole Felloza. Sole foi mesturando as historias da sua nenez con contos sacados do peto, que gracias as palabras máxicas xunto cos polvos máxicos podía ir recollendo “contos” das mans dos nenos elexidos por ela. Actividade na que a animadora mediante xogos, cantos e libros pop-ups logrou manter a atención e a participación activa de todolos nenos.
O desenrolo da actividade foi excelente.
Viñeron os nenos da ludoteca municipal, con idades comprendidas entre os tres e os 12 anos
O pasado 2 de abril tivo lugar na Biblioteca Municipal de Meis a actuación de Charo Pita e Javier Fernández co seu espectáculo “Palabras Percuditas” no que mesturaron contos e músicas usando diversos instrumentos de percusión. Acudiron medio cento de nenos e nenas que gozaron escoitando e bailando na compaña destes grandes artistas.

O día 24 de Abril desenrolouse na Biblioteca Pública Municipal de A Rúa, a actividade “Vento e chuvia: os antigos deuses galaicos” dentro das actividades para a semana do Libro.
Sole Felloza escomenzou a actividade contando os descubrimentos arqueolóxicos nos que basear as historias que relataria deseguido. Fixo un repaso polo fascinante mundo da mitoloxía de “Gallaecia” na idade de ferro e os seus deuses. Asi foi relatando os diferentes deuses como: Reue, Bandua, Nauia, Cossue, Poemana, Bormanico. Actividade muy interesante. seguida con interese polos rapaces.
O pasado Xoves 24 de Abril celebramos no Auditorio do Concello o Día Mundial do Libro cunha nova actividade organizada por BIBLIOPAZOS.
Neste caso contamos coa participación de Fátima Fernández que cos seus “Contos susurrados” transmitiu moitas historias preciosas e estupendas que fixeron as delicias do público presente no auditorio.
Os participantes desta actividade –alumnos de primaria do CPI “Curros Enríquez“ de Pazos e os usuarios de ASPAVI xunto cos seus profesores e monitores acompañantes- permaneceron toda a xornada moi animados e entretidos escoitando os contos de Fátima Fernández, que conseguiu ao longo de toda a actividade que os presentes escoitaran as súas historias en silencio, coas orellas moi abertas e cunha participación moi activa.
De seguido tedes unha pequena mostra en imaxes do que pasou ese día:
Mas información en BIBLIOPAZOS.
O pasado martes 22 de Abril ás 19:00 h. na Biblioteca Forum Metropolitano, dentro das actividades do Día do libro, desfrutamos do recital de poesía de Lucía Aldao e María Lado: Con dez poemas por barba.
“Con dez poemas por barba”, resultou un recital dos poemas máis significativos de Aldao e Lado, no que contaron as suas máis hilarantes experiencias como poetas, riron das súas miserias líricas e cantaron as súas cancións preferidas.
Foi un espectáculo con exito de publico e que soubo emocionar a aqueles que odian a poesía.
O día 23 de abril a biblioteca municipal de Oroso celebrou o día do libro cun contacontos “O soño do rato” realizado por Olga Abad. Despois, os nenos e nenas escolleron na sala infantil os libros con historias de diferentes lugares do mundo nos que se imaxinan que podería viaxar o rato César, protagonista do contacontos.
Na Biblioteca Municipal de Lugo celebramos o Día do Libro , coa visita de Raquel Galavís e os seus Cantacontos. Contos con música, historias que conseguieron captar a máxima atención de nenos e nenas e cancións que os fixeron levantar do chan para cantar e bailar animadamente.

Ca ratiña Carolina de Lonxedetodo disfrutamos e saboreamos os seus contos e receitas para pasar un bo rato cos nenos e nenas que se achegaron cas súas familias a deleitarse nas boas historias. Con TrinkeTrinke Teatro está asegurado o humor e a boa animación á lectura que ao final nos trae usuarios e lectores a nos a Biblioteca Municipal de Fene.


Séguenos