Obradoiro no que Andrea Barreira Freije mesturou a lectura de varias escritoras de terror (Mary Shelley, Shirley Jackson, Pilar Pedraza entre outras) coa escrita.
Os usuarios coñeceron de primeira man o proceso de construcción de contos fantásticos e de medo.
Viravolta Títeres achegou ata a Axencia de Lectura de San vicente o seu espectáculo de títeres “A nena que rega a alfabaca e o príncipe preguntón”. Un retablo, unha guitarra e títeres de luva para contar os namoramentos da falangueira filla do zapateiro e un príncipe sabichón.

Á función asistiu o alumnado de Educación Infantil e Primaria do CEIP As Bizocas.

O luns 23 festexamos o Día da Biblioteca en Cerdedo-Cotobade da man da compañía Bandullo Azul. Os contos de “Filipa” e de Fran Campos conseguiron que nenas/os e maiores desfrutaran dunha xornada moi divertida no centro cultural de Cerdedo.


Este foi un evento a medias entre os contos e a experiencia, pois as familias puideron escoitar contos de abellas ó tempo que tomaron contacto, literalmente, coas abellas e o seu mundo.
Houbo tamén cousas como colmeas ou cera para que os participantes coñezan de primeira man a marabilloso mun
do das abellas e a apicultura. Axudou a Avelino, Mari Fé Sixto coñecida e aprezada apicultora
do Valadouro.
Teatro dos Ghazafelhos achegou ata a Biblioteca Muncipal do Grove o espectáculo “A máquina do tempo”.
A doutora Mon e o seu axudante Pe, logran construír unha máquina do tempo coa que amosaron á rapazada a verdadeira historia das civilizacións mandando a Pe e a varios voluntarios e voluntarias a distintas épocas da nosa historia.





O 24 de outubro celebramos o Día da Biblioteca, unha conmemoración que baixo o lema “Tecendo comunidades”, pretende destacar o papel fundamental que desempeñan as bibliotecas na construción de ligazóns fortes dentro das nosas comunidades. Porque as bibliotecas queremos ser centros de conexión e aprendizaxe, onde as historias, as experiencias e os coñecementos son os fíos que unen aos cidadáns.
De xeito anticipado, a biblioteca municipal quixo convidar a toda a cidadanía a participar nun espectáculo de narración oral dirixido especialmente ás crianzas. Os Contos de Pablísimo achegouse a Brión para presentar “O Paroleiro”, un serán de divertidas historias a cargo de Pablo Sánchez que, como todos os seus espectáculos, tomou como base a literatura infantil a través de contos clásicos, contemporáneos, e contos de creación propia. Ler máis →

Os nenos e nenas de Cambre achegáronse, onte, á lectura a través dos contos, os xogos e a maxia, nunha tarde familiar e divertida.


As nenas e nenos asistentes pasaron unha tarde deliciosa cos monicreques que se moveron por diferentes escenarios e lograron manter a atención en todo momento.
Realizouse o día 18 de outubro de 2023.
Onte recibimos na biblioteca pública de Foz
ao grande Caxoto que coa sua simpatía e naturalidade consigue meter a toda a picaraxada dentro da narración oral. Reformulando os contos clásicos, déixanos ben claro que todos, sexamos homes ou mulleres, somos iguais para desenvolver calquer tarefa.
Visitounos na Biblioteca de Dodro Antía Yáñez co seu de xogo de pistas As rescatadoras, no que os rapaces e rapazas aprenderon dun xeito divertido como funciona e moito mais cousas sobre a biblioteca



Séguenos