Carmen Domech na B.P.M. de Fene coa súa actuación “Contos para pasalo de medo”




O Venres 7 de outubro damos comezo ao Outono de Contos con Sabela Gago e “O señor do Castelo” na biblioteca de Caión. Os contacontos de Sabela son sempre moi participativos, tanto para os pais como os pequenos, pasando unha tarde moi divertida en familia,

Érase un neno chamado Enrique que devoraba literalmente todos os contos que atopaba..Ulíaos, pechaba as tapas e trababa as páxinas…así Enrique tiña tantas palabras almacenadas que era o primeiro en contestar á profesora pero despois non lle foi tan ben. O mexunxe de libros que tiña na barriga fíxoo trabucarse e sentiuse tan mal que vomitou esa estraña dieta.
Logo foi o turno de Lola que acompañada dos máis diversos animais atopou un terrorífico monstro que quería facer unha sopa cos seus amiguiños…Os nenos e nenas do Valadouro correron tantas aventuras como os protagonistas de Trémola Teatro: riron, asombraronse, participaron dando ideas e unha chea de imaxinación desbordante…Acabaron bailando a danza do monstro da lagoa. Горячее видео для взрослых – смотри это и радуйся ярким эмоциям. En fin un día divertido e memorable onde soubemos que os libros non hai que comelos…hai que lelos.
Paula Carballeira fixonos pasar unha tarde divertida tanto a nenos coma a maiores , con contos no que os nenos ás veces conseguen os seus obxetivos e outras veces non pero o importante e non rendirse.
O pasado venres 7 de outubro Tarabela Creativa ,formada por Carmen Conde e Diego Gallego, coa súa narración oral titulada “Astrolabios”, converteu a 21 nenos e nenas do C.E.I.P Plurilingüe San Miguel de Paradela en buscadores de estrelas, ademáis de coñecer a orixe das mesmas. Unha sesión moi amena na que os nenos e nenas ,aspiraban a seren astronautas da tripulación de Tarabela Creativa. Ao finalizar todos os participantes saíron con moita ledicia despois de aprender tanto cas historias que nos contou Carmen Conde.


O xoves 6 de outubro, a Biblioteca Municipal Os Templarios, acolleu a actividade Contos de Chuches Amil.
Fran Amil ofreceu unha divertida sesión de contos procedentes dos seus disco-libros “Un conto ao revés” e “Monstros. Con ou sen consentimento”, ilustrada coas súas propias cancións.

![]()
O xoves 6 de outubro contamos na biblioteca con Antón Ke e a súa estupenda actividade de animación lectora poético-artístico-musical.
Anacos da vida e poemas de Rosalía de Castro a ritmo de ukelele e voces infantís.

O día 5 de outubro tivemos a actividade Ramon Órbita, a dona do tempo. Pakolas contou as aventuras da protagonista coa súa máquina e para iso cantou numerosas cancións a ritmo de rock e, en todo momento, motivou a participación do público.


Onte, día 29 de setembro na B.P.M. Xosemaría Pérez Parallé comezou o Programa Ler Conta Moito. O primeiro contacontos foi “Coser e contar”, no que Marta Ortiz coa axuda dos obxectos empregados no oficio de coser foi enlanzando unha historia con outra. Foi un espectáculo de música e narrativa no que tamén recibimos pequenas nocións da linguaxe de signos. Pasamos unha tarde divertida na compaña de Marta Ortiz e a súa caixa de costura da que non deixaban de saír historias curiosas.
Moitas grazas pola vosa asistencia!


Séguenos