Animais do bosque na Biblioteca Municipal do Milladoiro
O pasado mércores 20 de setembro puidemos gozar dos contos dun dos ratiños de Lonxetodo na biblioteca do Milladoiro. Unha marabillosa tarde de narración para comezar este novo curso!!
O pasado mércores 20 de setembro puidemos gozar dos contos dun dos ratiños de Lonxetodo na biblioteca do Milladoiro. Unha marabillosa tarde de narración para comezar este novo curso!!

Onte á tarde, en Cambre, as familias gozaron da maxia das historias ilustradas na Biblioteca Central María Pita. A actividade consistiu nun contacontos con debuxo en directo.
O martes, 19 de setembro, tivemos o pracer de recibir a visita de Raquel e Borja que nos mostraron o que se pode facer cun quilo de fariña, unha presada de sal e un chorro de pintura.
Despois de desfrutar coa narración do conto “Maruxa” as nenas e os nenos de Oleiros elaboraron, con masa de pan, un cadro cos protagonistas da historia e mesmo crearon novas escenas cheas de cor.
Pasamos unha tarde verdadeiramente divertida e creativa e reflexionamos sobre o reparto de tarefas no fogar.

O día 15 de setembro recibimos a visita de Emilia, unha gata moi curiosa que está farta de facer sempre o mesmo. Decide emprender unha viaxe en autobús acompañada de todos os nenos e nenas presentes e os vai transportando por diferentes cidades e aventuras creadas conxuntamente. Espectáculo dinámico, interáctivo e moi divertido con música, baile…



Moitas grazas a Raquel pola contada que nos fixo na Biblioteca Pública de Poio.
Ata pronto!
Na tardiña do sábado 16 investigamos da man de Andrea que foi da aviadora Amelia Earhart, unha das mulleres pioneiras nesta disciplina.
Nunha actividade moi divertida, as crianzas betanceiras divagaron sobre o seu paradeiro, construiron avións para emular as súas fazañas e recrearon finais alternativos á biografía dunha das mulleres máis valerosas da historia.

O venres 15 de setembro visitounos Caxoto para contarnos a historia do que pasou na granxa de Xan cando o galo non cantou e Xan quedou durmido e non se levantou para dar de comer ós animais. Divertida historia na que combina música, narración e títeres implicando ao público de todas as idades.


A Biblioteca Central María Pita abriu este mércores 13 a programación de animación á lectura da rede de bibliotecas municipais de Cambre para o curso que comeza cunha tarde contos e cancións para público infantil e familiar.
O venres 8 de setembro recibimos a visita dos Ratos de Lonxedetodo, que contaron as súas investigacións sobre outros animais que viven arredor e aproveitaron para contarnos algúns contos que teñen a estes animais como protagonistas. Espectáculo que combina narración, música e moita diversión.

O Mago Paco presentounos unha morea de contos e historias a través de xogos e da maxia, levando a nen@s e maiores a descubrir a “maxia divertida” que agochan os contos. Desta volta, este peculiar personaxe, argallou novas maxias engadindo a risa e algún susto como elemento principal para sorprender ao público asistente.
.


Séguenos