Contacontos con Marisa Irimia
Contos de marmeleiro, anís e limón, avtividades conducida por Marisa Irimia que apoiada nos seus bonecos fixo as delicias dun numeroso público infantil.

Contos de marmeleiro, anís e limón, avtividades conducida por Marisa Irimia que apoiada nos seus bonecos fixo as delicias dun numeroso público infantil.



Onte, martes 18, Magín Blanco visitou As Pontes. Aproveitando o verán sacamos a biblioteca ao parque e entre libros desfrutamos da actuación do cantante co seu Letras e notas. Os nenos e nenas pontesas pasárono en grande. Cantaron, bailaron e acertaron adiviñas xogando coas letras e coa música. Grazas Magín, foi un pracer a túa visita.


Os nenos e nenas das Pontes achegáronse á biblioteca que estes días das festas patronais trasládase ao aire libre para desfrutar do Conto express de Sarabela. Grazas Nate e Flor polo ben que nolo fixéchedes pasar.
O pasado 27 de xuño ás 17:30 a biblioteca municipal “Varela Jácome” de Lalín acolleu a actividade “Perder o medo a través da poesía”, dentro do programa “Ler Conta Moito” da Xunta de Galicia.
A actividade, orientada a nenos e nenas de 3 a 6 anos foi impartida por María Canosa, quen narra dende a perspectiva dunha nena como foi capaz de desfacerse dos seus temores a través da poesía. Así pois, a narradora, mediante a lectura de varios poemas, tratou os diversos medos aos que polo xeral se enfrontan os máis cativos e cativas para que, finalmente, poidan darse conta de que existen moitas razóns para eliminar eses receos.

O día dezasete de maio, na Biblioteca Pública Municipal de Moeche, e cunha abundante participación, tanto infantil como adulta, estupenda actuación de Cris de Caldas coa obra “A Galiña Azul e compañía”.
Risas e participación para mergullarse e profundar na figura e a obra de Carlos Casares no seu día.


Esta mañá os nenos e nenas de Santiso quedaron encantados co contacontos de Alba Bermúdez “Comechíns, segundo prato”. A través dos contos coñeceron alimentos, descubriron alerxias e desfrutaron das aventuras de todos os protagonistas.



Tarde de sábado divertida cunha sesión de contos cheos de música, sorpresas e animación para os/as máis pequenos/as da casa.
O pasado 10 de xuño a biblioteca acolleu “A viaxe de Toribio” incluida dentro do programa “Ler conta moito”
aínda que estaba boa tarde os que viñeron pasárono moi ben, actividade dinámica e participativa.
![]()




Séguenos