Lobo bobo, con Elefante Elegante, na Biblioteca AML de Chapela


VER NO BLOG DAS BIBLIOTECAS DE REDONDELA: http://bibliotecasredondela.blogspot.com.es/2017/03/os-lobos-mais-divertidos-invaden.html
Guardar
Guardar
Guardar


VER NO BLOG DAS BIBLIOTECAS DE REDONDELA: http://bibliotecasredondela.blogspot.com.es/2017/03/os-lobos-mais-divertidos-invaden.html
Guardar
Guardar
Guardar


O sábado 25 de marzo tivo lugar na Biblioteca Municipal do Grove o obradoiro”Audicontos” a cargo de CreAppcontos e dirixido á rapazada a partir de 6 anos.

Os asistentes aprenderon a utilizar Tablets e Apps para crear os seus propios contos , con audios e coa posibilidade de engandir a súa propia voz, explorando as novas Tecnoloxias Emerxentes.

Unha vez rematados os contos, todos os participantes realizaron unha exposición para os seus familiares, compartindo historias e lecturas nunha fantástica tarde de sábado.

Esta actividade facilita e estimula o desenvolvemento d@ nen@ a nivel emocional, intelectual e social. Promove a creatividade, a imaxinación, o galego e a fala dende os novas tecnoloxías
Hoxe luns 27 de marzo é o Día Mundial do Teatro… con tal motivo puidemos gozar do “teatro máis pequeno do mundo” e dunha manchea de peculiares historias e contos da man de Santi Prego… co que os rapaces e rapazas que asistiron á activide pasaron unha divertida mañá. Deixámosvos algunhas imaxes…


Esta mañá o proxecto “A Biblioteca Viaxeira” botou a andar e fíxoo da man dunha compañeira de excepción… Charo Pita!
Grazas ao programa Ler conta moito “A Biblioteca Viaxeira”, que xa se viña realizando nos meses de verán, desta volta artella unha serie de saídas da biblioteca a diferentes espazos, neste caso as escolas de primaria Cambados, nas que difundir aos rapaces a celebración dalgunhas datas destacadas (ás veces olvidadas).
Hoxe luns 20 de marzo celebramos o Día da Tradición Oral no cole de Vilariño, con Charo Pita e “O pucheiro de señora Emilia”. Os rapaces de 2º,3º e 4º puideron gozar das historias e cancións que de antigo nos veñen contando ata os nosos días a través da fala e os xestos… O resultado foi unha sesión chea de contido, que deixou un bo sabor de boca… como as receitas do pucheiro da señora Emilia… a os que teñades tamén a sorte de probalos… bo proveito!

Din que os trasnos son seres máxicos. Nós puidemos comprobalo con Dada e as historias que nos trouxo a Cambados esta fin de semana. Esta seisón de contacontos amenizounos a tarde con relatos cheos de aprendizaxes e valores como o da convivencia e o respecto ao medio. Ao mesmo tempo que os cativos se divertiron, tratouse de promover o hábito lector dende a infancia…Ata pronto Dada!


Ratos de Lonxedetodo
Ratos de Biblioteca: Especie de ratos que viven na aldea de Lonxedetodo. Cada certo tempo viaxan ata a Biblioteca da Coruña para se comunicaren cos humanos, tentar contaxiarlles aos nenos e nenas o seu gusto pola lectura e coller contos prestados.
A Compañía do Trinke-Trinke estivo este sábado 14 de xaneiro cos Ratos de Lonxedetodo. A valoración da actividade foi excelente polas nenas e nenos que asistiron cos seus pais, que nos piden que se leve a cabo máis veces na Biblioteca.
En conxunto a actividade resultou moi interesante.
Moitas grazas polo voso interese e pedimos disculpas polo erro na pax. web da hora da actividade. Os sábados de animación sempre son ás 12 h.

Elefante Elegante

Elefante Elegante
A Compañía do Elefante Elegante presentou o espectáculo “O Xigante” destinado ao público infantil entre os 3 e os 8 anos. É unha historia na que conviveno cómico e o poético; a forza da palabra e a elocuencia do xesto; a plasticidade da manipulación dos obxectos e a evolución do dispositivo escenográfico.
En conxunto, a actividade resultou moi interesante polas nais e pais que asistiron o sábado 17 de Nadal a sala infantil-xuvenil da Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés. Recoméndana, asi que para o ano novo 2017 repetiremos; pero no salón de actos, como nos demandan as nais e pais.
Visita BLOGGIT, o noso blog da sala infantil.
Contos revoltos de amor e de medo para nenas e nenos, mamás e papás na Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés.
Fátima entusiasmou a pequenos e grandes coa boa narrativa das súas historias. En conxunto a actividade foi valorada bastante interesante polos adultos que participaron. Visitade BLOGGIT o noso blog da sala infantil-xuvenil



Séguenos