Escola de dragóns

Escenificación do conto do dragón e demais temáticas draconianas. Risos e fumes!
Na Biblioteca Pública Municipal de Nigrán o venres 16 de maio, Escola de dragóns. Donde Viven los Cuentos.

Escenificación do conto do dragón e demais temáticas draconianas. Risos e fumes!
Na Biblioteca Pública Municipal de Nigrán o venres 16 de maio, Escola de dragóns. Donde Viven los Cuentos.

Celebrando o día das Letras Galegas diante da Biblioteca Irmáns Camba , co espectáculo de Culturactiva “Maxia entre liñas. Os asistentes, tanto cativos como maiores, pasaron unha tarde divertida e chea de maxia , na que interactuaron co mago en varios momentos


A cabra Chiña guiou aos pequenos polo mundo das emocións a través de contos, xogos, música e unha estética colorida e estimulante.

Na Biblioteca José Saramago de Vite tivo lugar unha sesión contacontos que combinou narración oral e música. Dous artistas deron vida a tres historias —A Xacia Luviñas, O rei avarento de Vicente Risco e A pantasma da illa de Cortegada— nun formato no que, mentras un deles lía e dramatizaba os contos, o outro acompañaba cunha banda sonora en directo, empregando instrumentos como a guitarra ou o pau de chuvia para recrear sons do bosque, da auga ou da emoción das escenas.
Para finalizar, crearon xunto co público unha canción aludindo á imaxinación dos nenos e nenas, dando lugar a momentos cómicos e deixando un final cargado de bo humor.

A Biblioteca Municipal de Fene festexou o Día das Letras Galegas 2025 cun espectáculo adicado aos máis pequenos da casa, “Güe, güe”, de Barriga Verde. Os nenos e as nenas que viron a actuación, ademáis de pasar unha boa tarde en compaña dos monicreques adquiriron hábitos saúdables, como merendar as froitas da cesta da compra da avoa de Güe-güe.

O xoves 15 estivemos celebrando as Letras Galegas 2025 nas Pontes. Grazas a A xanela do maxín percorrimos a historia das mulleres ás que se lles adicaron as letras para rematar coas Cantareiras, homenaxeadas este ano, aprendimos cousas da súa vida, desfrutamos dos seus escritos e da música. Que soen as pandeiretas!!


“Cantareiras, a poesía popular nas Letras Galegas” foi unha actividade basada no libro do que son autores. Todos os asistentes quedaron moi contentos e aprenderon moito sobre as cantareiras, ademáis de debuxo final que elaboraron. Unha boa maneira de celebrar as Nosas Letras!
Dani Blanco estivo o pasado venres 9 de maio noutra das actividades de “Rebumbio na biblioteca”. Contos aderezados con xogos malabares, música e equilibrismo fixeron que pasáramos, tanto grandes como pequenos, unha tarde moi divertida na biblioteca municipal de Caldas de Reis.

O día 9 de maio visitou a biblioteca “Dada a trasna”, relatounos varios contos cos que traballar diferentes valores: igualdade, respecto polo medio ambiente e tamén o hábito lector.

O venres 2 de maio, para conmemorar o Día contra o acoso escolar, na Biblioteca do Grilo-Cacheiras, un espectáculo que combina actor con monicreque e axuda á rapazada máis pequena a entender un tema tan complexo dende a comedia e o coñecemento da realidade que ten arredor. Desfrutamos tanto grandes como pequenos coñecendo as peripecias de Xurxo. Grazas a Malasombra Teatro por traer este espectáculo tan necesario

As peripecias de Xurxo na Biblioteca do Grilo-Cacheiras

As peripecias de Xurxo Biblioteca do Grilo-Cacheiras2


Séguenos