Deseño de Mochilas para Lectores/as na Biblioteca Sagrada Familia

O xoves, 28 de xuño tivemos na biblioteca municipal Sagrada Familia o pracer de contar con Patricia de “O Faiado de Nin” que impartiu un obradoiro de deseño de mochilas para os nosos lectores e lectoras máis novo/as.
Patricia amosoulles os diferentes materiais que podían empregar, ao mesmo que tempo que lles mostraba exemplos para alimentarlles a imaxinación. O resultado final foron uns orixinais deseños e os participantes marcharon encantados coas súas mochilas cheas de libros.














O pasado 9 de xuño, sábado, día chuvioso e gris, ás 18:30 h. xurdía luz, cor e música de mans de Migallas Teatro, co seu espectáculo Canta connosco!, e de innumerables amig@s de todalas idades que se reuniron para unha entrañable conmemoración dentro deste ano do 50 aniversario das bibliotecas de Redondela: a mascota das mesmas,





Séguenos