“POPÍN PREGUNTÓN BUSCA O LEÓN” en Vilanova de Arousa
O domingo 24 de xuño ás 21:00h. no concello de Vilanova de Arousa, estivo o payaso Popín, facendo as ledicias de todos os nen@s asistentes.

CARTEL

CARTEL
Onte, 28 de xuño, tivemos ao Mago Richard na Biblioteca Fórum Metropolitano da Coruña con Maxia # Lab, un espectáculo interactivo no que fixemos un percorrido pola historia da ciencia, e no que nos demostrou que maxia e ciencia poden ir da man.






O alumnado do CEIP Xosé Luis Taboada da Barrela disfrutou unha sesión de contos e un obradoiro de cociña creativa o mércores 20…elaboraron un “rato” que despois comeron gustosamente….¡qué rico!


Fantástica experiencia para os máis pequenos!!!

O pasado 9 de xuño, sábado, día chuvioso e gris, ás 18:30 h. xurdía luz, cor e música de mans de Migallas Teatro, co seu espectáculo Canta connosco!, e de innumerables amig@s de todalas idades que se reuniron para unha entrañable conmemoración dentro deste ano do 50 aniversario das bibliotecas de Redondela: a mascota das mesmas, Leolo o Contadelo, cumpría 10 anos de vida.
Un espectáculo dirixido aos nenos e ao público familiar, no que se combinaron as cancións co teatro, e no que gozamos todos

O pasado xoves, 14 de xuño, os usuarios máis pequenos da biblioteca foron os destinatarios do espectáculo Paxariños de TrinkeTrinke Teatro. Para moitos deles era o seu primeiro contacontos e tendo en conta o ben que o pasaron, seguro que non será o último.

Sarabela Teatro estivo na Biblioteca de Cabana de Bergantiños coa actividade Isto non é unha caixa , actividade na que os nenos participaron cantando , con mímica e poñendo a funcionar a súa imaxinación

O venres, 15 de xuño, visitounos na nosa biblioteca no Centro cívico de Vite en Santiago de Compostela “O Faiado de Nin” que desenvolveu este divertido obradoiro que encantou os/as participantes. Patricia amosoulles a maneira de elaborar os seus minicontos: crearon uns divertidos personaxes, imaxinaron unhas aventuras do máis abraiantes e decorárono con moito tino.


Séguenos