Os Ratiños da caixa visitan a biblioteca pública de Brión




Este sábado pasado o día 3 de Xuño, rematamos as actividades para bebés da Biblioteca Infantil e Xuvenil Durán Loriga de A Coruña, coa visita de Raquel Queizás e os seus contos.
Os contos foron sinxelos, doces e tenros para nenos tan pequenos, e acompañados tamén de boa dosis de humor o que fixo que tan ben o pasaran as familias que compartiron connosco esta tarde.
Moitas grazas a todos os que participastes nos nosos Bebencontros e na festa final. A algúns agardámosvos o próximo ano.
Ata sempre e feliz verán.
Día 2 de xuño de 2017 ás 17:00, na biblioteca de Escairón
Previamente á entrega de premios dos certames Andersen hoxe e Certame de narración e debuxo infantil Letras Galegas 2017 contamos coa animación do catálogo Ler conta moito:
da man de Sherezade Bardají
o 2 de xuño, ás 17:00 na sala infantil
Comezamos apagando as luces e quedando en penumbra, sentados no chan, cos papis ó lado ou en cadeiras ó redor da sala, tan expectantes coma nós.

Desde logo, estivemos moi atentos á historia desa nena que coñecía e xogaba con personaxes tan extraordinarias coma estas:

O sol

O cangrexo

O cabalo de mar

O peixe

O polbo

O verme

A bolboreta, que foi o resultado da transformación do verme!
Algunha desas personaxes era tan mimosa que quería darnos bicos, ou que llos deramos nós. E outra fíxonos cóxegas!
Foi moi divertido. Sobre todo coas pompas de xabrón: menudo descubrimento! Foi fantástico correr tras delas para pillalas e que desapareceran!
Rematamos coa entrega de premios e unha gran ovación ós galardoados!

Os premiados
O 2 de xuño ás 18.00 horas, a Biblioteca Municipal de A Illa de Arousa tivo o pracer de contar coa presenza de Choupiña e Trasnón, dous trasnos do bosque máxico que viñeron a contar ós nenos e nenas máis pequenos historias que tiñan como bases os sentidos.

Unha actividade para os máis pequenos da casa na que participaron cos seus pais e nais e coa quedaron encantados. Unha actividade que fomenta a interacción e a expresión corporal dos máis pequenos e pequenas.
Celebrando a Semana das Letras, o 15 de maio ás 18.00 horas na Biblioteca Municipal de A Illa de Arousa, e dentro do Programa “Ler Conta Moito”, tivo lugar o “Gran Xogo das Letras Galegas”, onde os participantes xogaron e coñeceron algo máis sobre a orixe e significación das Letras Galegas e os autores homenaxeados, sobre todo de Carlos Casares.

Pais, nais, nenos e nenas disfrutaron xogando na Biblioteca e no seu exterior.
O pasado 28 de abril ás 18.00 h visitou a Biblioteca Municipal de A Illa de Arousa os nosos amigos Filipa e Fran que amenizados con música nos ofreceron unha viaxe polos contos tradicionais e o repertorio infantil de Carlos Casares.

Unha tarde moi divertida e amena onde os pequenos e pequenas disfrutaron moito na compaña de Filipa e Fran.


O pasado xoves 25 de maio, Cris de Caldas contoulles aos nenos e nenas das Pontes as historias que para eles escribiu Carlos Casares. Falounos de Lolo, de Toribio, pero sobre todo contounos con gran detalle a histora de A Galiña Azul. Os rapaces pasárono en grande e puideron levarse para a casa un marcapáxinas que, axudados por Cris, fixeron coa imaxe da galiña azul. Foi unha bonita forma de completar as actividades que co gallo destas Letras Galegas 2017, a biblioteca Enrique Rivera Rouco está a realizar na honra de Carlos Casares.
Celebramos o Dia das Letras Galegas cunha exposición sobre Carlos Casares e unha mostra bibliográfica cos seus libros. Tamén tivemos un contacontos obradoiro da man de Polo correo do vento titulado “Os xoguetes de Clio” baseado na vida e obra de Carlos Casares. Os nenos asistiron a un contacontos no que un ilustrador ía debuxando o que o narrador ía contando e logo fixeron un obradoiro de debuxo, coas directrices do ilustrador. Estas son algunhas das fotos





O pasado venres a ALM de Vilariño tivo a visita dos monitores de Eduvia Educación que propuxeron aos nenos e nenas o Gran Xogo das Letras Galegas… pasaron unha divertida tarde na que demostraron estar ben ao tanto dos e das grandes da nosa literatura, e como non, do homenaxeado este ano, Carlos Casares.



Séguenos