Titiricleta na biblioteca Monte Alto (A Coruña).

A Titiricleta chegou a Biblioplaza de Monte Alto! E veu cargadiña de contos e historias de todo o mundo. Anxo sorprendeunos coa súa chegada á Biblioplaza, un evento que a biblioteca Monte Alto celebra cada mes de xuño saíndo a rúa, na procura dos veciños máis despistados, os que aínda non saben a marabillosa biblioteca que teñen no terceiro andar do centro cívico. E con Anxo e os seus monicreques gozamos do auténtico poder da narración oral, do poder das verbas e da voz, frente ao auxe do visual e as novas tecnoloxías.


Se queredes coñecer o fermoso proxecto para construir un mundo mellor no que colabora esta divertida titiricleta, visitade o seu blog CONTOS SOLIDARIOS.




Cando chega o verán, a biblioteca Monte Alto sae a rúa para achegar a lectura e a biblioteca aos veciños do barrio. E unha boa forma de darnos a coñecer é facendo actividades de calidade para todos os públicos. Nesta ocasión, convidamos ao Mago Paco a acompañarnos o pasado 8 de xuño. Durante toda a hora tivo ao público pendente das dúas verbas; fíxonos sorrir, usando os contos e as historias como fío condutor dos seus xogos e trucos de maxia. Unha tarde inesquecible. Grazas, Mago Paco!

























Séguenos