“Mergullámonos?” na Biblioteca de Culleredo
O día 23 de maio tivemos na Biblioteca de Culleredo un contaconto para os máis pequenos.

Os rapaces escoitaron, cantaron, contaron e bailaron.
O día 23 de maio tivemos na Biblioteca de Culleredo un contaconto para os máis pequenos.

Os rapaces escoitaron, cantaron, contaron e bailaron.
O pasado 19 de maio, Sarabela Teatro representou na Biblioteca Municipal de Lugo a súa obra “Nola e María na Terra Chá”.

As dúas protagonistas percorreron os municipios da Terra Chá de Manuel María acompañando a súa viaxe cos versos do poeta.

O mércores 18 de maio celebramos as Letras Galegas con Fátima Fernández que nos contou entre outras historias “O bigote de Mimí” de Manuel María. Foi unha sesión moi dinámica e divertida.


Con Teatro Babaluva, os nenos da biblioteca municipal Monte Alto achegáronse á poesía de Manuel María, quen fora veciño do noso barrio nos seus últimos anos. Os rapaces experimentaron a facer debuxos para crear un libro despregable a partir dos versos deste autor tan querido, a quen agasallamos no Día das Letras Galegas.
Tivemos o gusto de desfrutar das historias cheas de emocións que nos contou a animadora Andrea.Moitos bicos e ata a próxima!.
O sábado 21 de maio tivemos unha actividade moi interesante para todos e todas os interesados/as nas nosas tradicións, para os grupos folclóricos da vila, para a xente dedicada ao mundo da costura e o deseño..

A actividade “Cóntoche un traxe” dirixida a público adulto, mocidade e rapazada a partir de 6 anos.

Montse Rivera, dunha forma amena, orixinal e divertida, levounos nunha viaxe no tempo para ver como era o vestiario dos nosos ancestros. Con catro voluntarias do público foi amosando e describindo unha a unha todas as pezas do noso traxe

Os integrantes de Polo Correo do Vento achegaron ata a Axencia de Lectura de San Vicente o contacontos ilustrado “O Poeta do Miño” unha homenaxe a Manuel María.

Grandes e pequenos disfrutaron coa narracións, as ilustracións e os versos. Tamén aprenderon a debuxar a caricatura de Manuel María.

O día 20 de Maio na Biblioteca Infantil e Xuvenil da Coruña, celebramos o día das Letras Galegas 2016 rodeados de música e maxia nas mans de Martín Camiña e Álvaro Muras, respectivamente. Estes dous artistas fixeron un percorrido pola vida e obra de Manuel María combinando estas dúas disciplinas.
Resultado “máxico” cumplíndose o obxetivo: Homenaxear a Manuel María con motivo das Letras Galegas.
A participación das familias e a implicación do público en xeral foi moi satisfactoria. Sorprendeunos a todos a combinación de literatura, maxia e música.
Para acompañar a festa, dende a Biblioteca elaboramos unha mostra bibliográfica da obra de Manuel María. Quedounos así de bonitiña.

O venres 20 de maio Bea Campos e Davide González volveron a facer as delicias de grandes e pequenos nunha nova sesión dos Contos do chupete, dentro do ciclo Entre arrolos e contiños.
Sementamos unha chea de carballos acompañados de Xaime e as landras, e tamén aprendemos que non hai nada mellor que compartir unha boa casiña de pedra igual que Os tres porquiños. Descubrimos que se Imos cazar un oso igual podemos levar un bo susto, tanto como para ter que ir correndo ao baño, xa que alí Todo o mundo vai…
En definitiva, unha tarde fantástica, como sempre!


O día 19 de maio Trinketrinke nos visitou con conto Riciños de ouro. Foi unha actividade moi lúdica e entretida



Séguenos