LIBROS EN-CANTADOS CON MAGIN BLANCO NA BIBLIOTECA PUBLICA MUNICIPAL DE A RUA
Este luns-25 de abril- a Biblioteca Pública Municipal, recibiu a visita de MAGIN BLANCO con “Libros en-cantados”, actividade programada para celebrar o “Día do Libro”. Participaron 21 alumnos de 1º curso de primaria do colexio Manuel Respino e 48 do colexio Pablo VI-Fátima, con idades que van dos 3 ata os 8 anos. Os nenos pasaron unha mañá entretida e musical na compaña de MAGIN BLANCO. Unha hora de historias, cancións e diversión na que os pequenos cantaron e acompañaron os ritmos das cancións máis coñecidas deste artista. Todo isto baixo a atenta mirada de Manuel María, Alicia, Quijote e Sancho, que conformaban o decorado da actividade.























Séguenos