29/04/2014
O 23 de abril de 2014, coincidindo coa festividade do Día Internacional do Libro, na Biblioteca do Porriño fixemos unha actividade contando coa colaboración do colectivo Gargallando. Creouse un ambiente participativo entre os rapaces e rapazas, o que fixo que dende a Sala Infantil e Xuvenil da biblioteca as palabras e a imaxinación tomaran protagonismo e os nenos tiveran a oportunidade de tomar decisións responsables respectando aos seus compañeiros e compañeiras. Foi unha festa dos libros e da lectura, onde cobrou grande importancia a disciplina da ilustración e do acompañamento visual do texto escrito, realizando un achegamento ao mundo do libro ilustrado dende diferentes aspectos. Os rapaces e rapazas traballaron arreo sendo dirixidos por Gargallando, e foron obxecto da capacidade educativa do proceso de creación do libro dende distintas perspectivas, e a través da observación, da colaboración e do xogo.
Qué mellor modo de celebrar o Día do Libro que converter aos rapaces en autores das súas propias experiencias bibliográficas!
Séguenos