“CONTOS QUE DEIXAN PEGADA EN CARBALLEDO”

@s nenos e nenas do CEIP Xosé Luis Taboada de Carballedo deixaron voar a súa imaxinación por medio dos contos que Pavís Pavós lles relataron na Biblioteca.

@s nenos e nenas do CEIP Xosé Luis Taboada de Carballedo deixaron voar a súa imaxinación por medio dos contos que Pavís Pavós lles relataron na Biblioteca.

Migallas teatro con ” Camiño de historias ” pon punto e final ás actividades que con motivo da celebración do Día do Libro se realizaron para todos os amigos da B.P.M. de Valdoviño .

A Biblioteca Municipal de Lourenzá celebrou o dia do libro cun espectáculo titulado Bibliocanta, onde os nenos e nenas participantes desfrutaron dos ditos de antes e bailaron ó son de cancións de antaño

O venres, día 22 de abril, visitou Leo Leiño a biblioteca co seu espectáculo de maxia divertida e sorprendente. Leo transpira pasión pola maxia e eso é o que transmitiu aos nenos e nenas que asistiron á sesión na biblioteca, toda esta pasión convertiuna, nun último xogo visual, en enerxía que o público lle achegou en forma de pequeñas boliñas máxicas de cores que Leo enguliu, deste xeito retornará noutra ocasión á nosa biblioteca con enerxías renovadas. Todo dun xeito gracioso con grandes doses de humor.
O 23 de abril, “Día internacional do Libro”, a biblioteca realizou unha sesión de contacontos dirixido a nenos e nenas de 0 a 3 anos que leva por título “Contos de ida e volta”. O espectáculo correu a cargo de Charo Pita que ademáis de narrar historias e contos, cantou e fixo malabares, deixando embelesado ao público asistente. A actividade rematou coa construcción dunha árbore, utilizando exemplares de libros.
Na Biblioteca Central de Cangas festexamos o Día do Libro con “Mans”, divertida animación de Pablísimo que encantou ao público.

Este ano, na Biblioteca de Dodro, adiantamos a celebración do Día do Libro ao venres 22 de abril coa celebración dunha sesión de “Contos de peto” da AC. Cucarandainas.
Cucarandainas, na voz do contador Iago, achegounos un fermoso conto para gardar no peto. Nel a sobriña de Feroz ensinounos que non tódolos lobos son tan malos e meten tanto medo como din algunhas historias.

A participación activa do público e os obxectos que acompañaron a narración fixeron do contacontos unha experiencia moi divertida e agradable, que recomendamos ao resto das bibliotecas da Rede.


Para celebrar o Día do Libro, a Biblioteca do Pereiro de Aguiar acolleu o venres día 22 de abril, o espectáculo “Cabaret Infantil Prodixio”. Unha maleta chea de medos aos que todos os asistentes plantaron cara e moitas historias que atraparon aos máis pequenos completaron a tarde.
Onte, xoves, 21 de abril celebrábamos o Día Internacional do Libro en BIBLIOPAZOS cos rapaces e rapazas de Educación Infantil do Colexio Público Integrado “Curros Enríquez” de Pazos e da Escola Infantil “A Galeriña” de Nespereira.
Estivo con nos Andrea Vázquez de Os Piñeiriños para contarnos os contos do seu espectáculo de narración oral “MERGULLÁMONOS?”, un conxunto de historias que nos convidaron a explorar os mundo das emocións.
Mirade, mirade que ben o pasamos.


Carmen Domech visitou a biblioteca municipal de Brión (A Coruña) para presentarnos “Contacontos de libros contentos”, un espectáculo de animación dirixido a nenos e nenas maiores de 4 anos. Carmen chegou coa súa maleta baixo o brazo. Nela, libros de todo tipo viaxan cargados de historias para contar a todos os nenos e nenas que atopan alí onde fan un alto no camiño.
O serán lúdico celebrouse o xoves 21 de abril ás 18:00 h., prolongándose aproximadamente durante 50 min. Trinta meniños e arredor de quince adultos, asistiron ao espectáculo, que tivo coma escenario a sala infantil da biblioteca municipal. A actividade conmemora por adiantado a celebración do Día do Libro, o sábado 23 de abril, e foi programada pola biblioteca municipal co patrocinio do programa “Ler conta moito” da Rede de Bibliotecas de Galicia.


Séguenos