Co gaio da celebración do Día da Poesía , o artista Carlos Coira fixo as ledicias de cativ@s e maiores cun fantástico espectáculo de maxia, teatro e poesía, onde a palabra foi a protagonista.
O mércores 19 de marzo, ás 18.30 h. Ana Hermida da Asociación Lisistrata visitounos na Biblioteca de Santa Cruz co espectáculo “Contando en feminino.”
A partir dos seguintes contos : “Historia dos bonobos con lentes”, “A princesa Carlota e o seu dragón mascota”, “Artur e Clementina” e “As cores”, contados desde a perspectiva de xénero e igualdade, xógase cos roles femininos, de xeito que non estean representados só os que son tradicionais nos contos, senón algo igualitario nos que as/os protagonistas o sexan desde o punto de vista da igualdade e da cooperación en todas as facetas da vida.

A actividade completouse coa mostra bibliográfica que sobre “Libros para a igualdade, libros de Adela Turín” espúxose na sala infantil da biblioteca.
Formas de celebrar o entroido nos distintos pobos do mundo, mediante xogos e actividades relacionando as palabras de diferentes idiomas.
Tarde de sol como facía moito que non víamos, pequenos cos seus pais e nais e cancións, rimas e contos grandes e pequenos para animar

Contos para bebés
Continuando coa nosa Choiva de Contos, Fátima Fernández veu o pasado sábado 8 de marzo a contarnos os seus Contos susurrados.

Contos susurrados na Biblioteca Ánxel Casal
E mentras Fátima conta estas historias, as figuras do conto van saíndo das súas mans.

Historias no aire dos Contos susurrados
A Asociación Cultural Cucarandaina estreou a nova tempada de Choiva de Contos na Biblioteca de Santiago de Compostela Ánxel Casal. E estrearon cos seus Contos de Peto para explicarnos todo o que podemos gardar nos nosos petos.

Cucarandainas no Salón de Actos da Biblioteca
Todos os contos gardados nos petos saíron para facernos pasar unha divertida tarde cos rapaces na biblioteca.

Comezan a escapar os contos do peto
O venres 27 de setembro visitounos Enrique Mauricio Iglesias, do grupo “MAU Lareira Global”, e fixo as delicias de maiores e e pequenos co seu espectáculo “Violeta, a carteira bolboreta”. Contounos unha preciosa historia, e axudounos a debuxar aínda un pouco mellor. A verdade, foi unha sesión divertida e moi dinámica, chegounos a pouco! 
O día 9 de outubro Yolanda Castaño chegou á Biblioteca de Meicende da man do seu libro “Verdedades” no cal ilustra e achega os nenos á natureza dunha forma poética e moi amena. Tanto os nenos coma os pais gozaron da poesía participando activamente.


Séguenos