Sábado 30 de abril, divertidísimo, na Biblioteca de Betanzos con Magia en la Manga

O pasado luns para celebrar o día do libro, visitou Santiso o Teatro Marionetas Trécola co espectáculo “Xogo revolto”.
Foi un espectáculo moi divertido de marionetas onde aprendemos que non sempre os xogos son divertidos se algún dos participantes o está pasando mal. Os nenos/as de Santiso están desexando que volvan actuar as marionetas.


Para conmemorar o día do libro a Biblioteca de Lourenzá organizou este obradoiro onde os participantes xogaron, crearon personaxes con elementos naturais e desfrutaron coas súas propias representacións

Este venres, na Biblioteca Pública de A Fonsagrada tivemos o pracer de celebrar con Fran Amil, o Día do Libro. Os máis pequenos puideron desfrutar desta actividade que mezclou de maneira moi orixinal a música cos contos. A actuación de “Contos de Chuches a mil”, do programa Ler Conta Moito, encantoulles ao nenos e tamén ás familias.

Este mércores 20 de Abril comezamos a programación especial do Mes do Libro coa incrible historia da maxia de Mago Teto. Unha tarde moi divertida na que tanto os nenos e nenas como os adultos desfrutaron da maxia e da súa maravillosa historia.
No Día das Artes Galegas adicado a Laxeiro desfrutamos na Biblioteca Municipal de A Fonsagrada dun obradoiro de creación plástica no que se coñeceu ao artista e nos achegamos á súa obra e ás cidades onde desenvolveu a súa vida. Neste taller fomentouse a creatividade coa elaboración dunha peza coas técnicas pop up e pregado de papel. Esta actividade animou á lectura e descubriu a importancia das artes como medio de expresión artística. Primeiro fíxose unha parte teórica introducindo os conceptos literarios e artísticos necesarios para o desenvolvemento da parte práctica e finalmente os nenos comezaron a crear os seus propios libriños coa técnica de pop up e pregado de papel.
Espectáculo sorprendente, onde o ilusionista Mago Marco propuxo unha viaxe de soños e ilusións envoltas nun misterio.

Com preludio do Día das Bibbliotecas, visitounos Carmen Domech. E através dunha carteira moi especial, contounos xuntos os seus monicreques contos para reflexioanr sobre a iguladade. Para divertirse e pensar


Divertidos contos da ratiña Carolina: distintas modalidades de familias e moitas profesións a elexir no futuro: pescadora, bombeira, espía … Un fantástico contacontos no homenaxe o Días das Escritoras e oDía das Bibliotecas.

Moi ben o pasamos coa combinación de narración oral e debuxo que tivemos para coñecer a historia de Breixo na Noite de Reis. E para rematar un pequeno obradoiro.



Séguenos