Xogo revolto en Santiso
O pasado luns para celebrar o día do libro, visitou Santiso o Teatro Marionetas Trécola co espectáculo “Xogo revolto”.
Foi un espectáculo moi divertido de marionetas onde aprendemos que non sempre os xogos son divertidos se algún dos participantes o está pasando mal. Os nenos/as de Santiso están desexando que volvan actuar as marionetas.




Para conmemorar o día do libro a Biblioteca de Lourenzá organizou este obradoiro onde os participantes xogaron, crearon personaxes con elementos naturais e desfrutaron coas súas propias representacións


No Día das Artes Galegas adicado a Laxeiro desfrutamos na Biblioteca Municipal de A Fonsagrada dun obradoiro de creación plástica no que se coñeceu ao artista e nos achegamos á súa obra e ás cidades onde desenvolveu a súa vida. Neste taller fomentouse a creatividade coa elaboración dunha peza coas técnicas pop up e pregado de papel. Esta actividade animou á lectura e descubriu a importancia das artes como medio de expresión artística. Primeiro fíxose unha parte teórica introducindo os conceptos literarios e artísticos necesarios para o desenvolvemento da parte práctica e finalmente os nenos comezaron a crear os seus propios libriños coa técnica de pop up e pregado de papel.









Séguenos