A LOBA ANTEA en Dodro
Espectáculo con música, narración oral e monicreques sobre a amizade e a concienciación ambiental.

Espectáculo con música, narración oral e monicreques sobre a amizade e a concienciación ambiental.


A sesión presentouse en tres bloques, a partir das adaptacións dos contos “Onde viven os monstros” de Maurice Sendak, “O monstro de cores” de Anna Llenas, e que monstros podemos atopar nos alimentos precociñado que consumimos. Cos títeres percorrimos estes contos, e gozamos da posta en escea que nos mostrou Carmen Domech.


Onde viven os monstros

O pasado xoves Carmen Domech contoulles aos rapaces e rapazas das Pontes contos como Onde viven os monstros ou O monstro de cores. Tamén outros contos da súa autoría que insistiron na necesidade de comer ben. O contacontos, inserido no noso programa Xoves na Biblio, foi moi ben acollido polo público pontés.
O venres 6 visitou a Biblioteca do Grilo-Cacheiras Óscar Villán para falarnos do mundo da ilustración. Partindo do seu traballo e do traballo doutros artistas, amosou unha panorámica do proceso creativo detrás da ilustración e de distintas maneiras de abordar esta disciplina artística.


Biblioteca navegante
Un solleiro día 5 de maio, ás 6 do serán, na biblioteca de Vilaboa, Culleredo, quedamos marabillados coa fermosa historia da capitana Mariana e a súa biblioteca navegante. Con ela, chegamos ao país de Sapolandia, onde a princesa sapiña descubre que as motos corren máis que os sapiños.

En Sapolandia

Cris de Caldas achegou á biblioteca Municipal Luis Rei de Cambados co seu espectáculo “Agasallo das árbores”.Papá porquiño e mamá porquiña contábanlle contos aos seus tres fillos, cun ollo posto no verdor do arredor e outro, ben atento, ao lobo.
O fío conduto
r desta sesión de contos é a concienciación medioambiental coa axuda dunha versión particular (máis galega e máis feminina) do clásico conto “Os tres porquiños”
Co humor e música en directo de Xabi do Camiño.
Os nenos pasaron unha mañá xenial.

Tarabelos achegou á biblioteca Municipal do Grove o seu espectáculo “Contos nunha roda: Manuela e Manuel” cunha técnica de contar historias, que forma parte da cultura xaponesa, e que conecta dúas artes: a narración oral e a ilustración. Tradicionalmente o Kamishibai, vai montado na bicicleta dun Gaito Kamishibaiya e percorre as vilas e aldeas facendo pequenos espectáculos nas prazas; este Kamishibai “tarabelizado” desprázase polo voso cole nunha soa roda cargado de contos e lendas coa misma intención.

Así contou ao público asistente a divertida historia segreda de Manuela e Manuel, unha historia para romper estereotipos.

O venres 29 de abril tivemos unha sesión de contacontos moi especial a cargo de Raquel Senra.Unha actividade para a infancia na que practicaron posturas de ioga.


Séguenos