Noa no espello na ALM de Carnota

O pasado sábado, 2 de outubro, gozamos dunha estupenda mañá de teatro en Carnota co espectáculo Noa no espello, de Sabela Gago, que engaiolou a grandes e pequen@s de comezo a fin.

O pasado sábado, 2 de outubro, gozamos dunha estupenda mañá de teatro en Carnota co espectáculo Noa no espello, de Sabela Gago, que engaiolou a grandes e pequen@s de comezo a fin.
O martes, 5 de outubro, tivemos o pracer de escoitar a Iván Davila que achegou aos máis cativos historias tradicionais do medio rural galego. Transmitiunos, entre outras cousas, a importancia de contar e compartir a cultura e tamén do coidado e respecto da natureza.


O venres 1 de outubro estivo na biblioteca de Nós a Bruxa Maruxa, quen nos contou o que lle custou convencer a súa nai de que ela non valía para bruxa , que quería ser artista.
Foi unha tarde moi divertida na que a Bruxa Maruxa fixo cantar e bailar a todos os asistentes e ao final todas e todos querían ser…artistas!!!

O venres 1 de outubro visitounos Paula Carballeira para contarnos fermosos contos. Pasámolo estupendo tanto os maiores como a rapazada

Encantadísimos quedamos todos co espectáculo ofrecido por tan grandes profesionais. Os cativ@s asistentes non deixaron de prestar atención nin un só minuto -e os adultos…. tampouco!-. Incluso houbo público que se animou a colaborar cos artistas…
Moi recomendable a función!
Este sábado pasamos unha tarde fantástica mergullados nas historias de César No, o bo facer do sarriao fixo que as crianzas e os seus acompañantes gozasen coas historias de aventura dun príncipe que desexaba vestir de rosa, demostrándolle ó seu pobo que iso non desmerecía a súa boa labor ou a galiña “pirata pata de lata” empeñada en dar o tesouro para que todo o pobo poidese beneficiarse e para rematar, as falcatruadas do gato de César na alameda de Santiago.
Entre cancións e repeticións os nenos e nenas levaron unha mensaxe do realmente importante.

Na biblioteca Enrique Rivera Rouco das Pontes, arrancamos os nosos Xoves na Biblio da man do Mago Paco, maxia para os nenos e nenas máis pequenos. Todo un éxito para esta primeira cita. e é que o noso público infantil adora a maxia e máis cando vén da man dos contos. Moitas grazas ao Mago Paco que nos fixo pasar unha tarde tan divertida.


Paco Nogueiras inaugurou hoxe a programación do “Outubro, mes da biblioteca” coa presentación en Brión de ”Extra!”, un espectáculo para toda a familia baseado no libro-disco do mesmo título editado por Kalandraka. Ler máis →

O pasado día 29 de setembro, estivo con nos Harris, a toupa arqueloga, para facer desfrutar a nenos e maiores coas súas aventuras.
Unha orixinal maneira de achegar as mámoas e o patrimonio cultural aos máis pequenos/as.


Estupendo espectáculo de Chuches Amil en Camariñas. Contos e música de moi boa calidade. Conseguiu crear un ambiente moi animado e participativo, só tedes que mirar a imaxe!. Volveremos a vernos Chuches Amil!


Séguenos