Tardes de Contos e Lendas con “Contacontos ilustrados Mulleres Galegas”
O venres 25 de outubro, estiveron con nós “Polo Correo do Vento”. Canto disfrutamos. Facendo Biblioteca…
O venres 25 de outubro, estiveron con nós “Polo Correo do Vento”. Canto disfrutamos. Facendo Biblioteca…

A través de contos e xogos, Patricia Martinez, transmitiulles ós máis pequenos a importancia de que todos somos iguais a hora de xogar, non hai xogos, nin xoguetes de nenos nin de nenas…

A Ilustradora Estefanía Padullés amosoulle ao alumnado de Infantil e Primaria do CEIP Xosé Luis Taboada como é o proceso a través do cal se ilustra un libro.
O pasado 25 de outubro, tivo lugar no salón de actos da casa da cultura de Alfoz, una actividade de igualdade e violencia de xénero a cargo de Charo Pita, onde se deu protagonismo ás mulleres de toda condición e idade a través de contos e cancións, con estes contos os nenos veron que non ten que haber barreiras na sociedade. Tódolos asistentes disfrutaron moito.

O 27 de outubro tivemos na biblioteca un contacontos da compañía Trinketrinke titulado O ratiño presumido, no que tanto nenos como maiores disfrutamos escoitando contos, cantando e bailando. Estas son as fotos e video da actividade:

O 24 de outubro celebramos o Dia da Biblioteca con nenos de Educación Infantil do CEIP Plurilingüe de Ribadavia cun contacontos do programa de Igualdade e Loita contra a Violencia de Xénero titulado Sen medo da compañía Trécola Teatro. Asi de ben o pasaron:




O pasado venres, 25 de outubro, a ALM de Carnota acolleu o espectáculo O ratiño presumido, da compañía Trinke Trinke. Co rato Fuco e mais coa súa amifa Faifá, chegados de Lonxedetodo, e coa colaboración de mamás e papás, desfrutamos dunha tarde de contos que, de forma sinxela e divertida, afondan na educación non sexista e na ruptura dos estereotipos de xénero.

Faise saber que tódol@s presentes nesta axencia de lectura de Corvillón (Cambados) somos iguaaaaiiiiiiis!!
Contacontos moi entretido. As risas dos/as cativos/as e das súas nais e pais puidéronse oír no reino do lado. Ademáis, todo acompañado cunha serie de instrumentos pouco tradicionais e que os participantes tiveron a oportunidade de coñecer e tocar; grazas a Pablo Sánchez de “Os contos de Pablísimo”.


Coa igualdade por bandeira, a pirata Carla fixo desfrutar aos cativos e cativas, cunha historia chea de superación e cinco probas moi divertidas, nas que comprobaron que todas podemos ser unhas grandes capitanas piratas. Todo isto ocorreu a tarde do mércores no barco pirata da Biblioteca Luís Rei de Cambados.
![]()

Contacontos-taller intereactivo de gran calidade sobre a pintora Maruja Mallo. Moi creativo e con moita información sobre a artista.




Séguenos