MAGO PEDRO BUGARÍN
Os nenos e nenas da parroquia de Baión disfrutaron dun xenial obradoiro, onde a través da maxia se adentraron nun mundo fantástico converténdose en auténticos magos e magas.

MAGO PEDRO BUGARIN NA A.L.M. DE BAIÓN
Os nenos e nenas da parroquia de Baión disfrutaron dun xenial obradoiro, onde a través da maxia se adentraron nun mundo fantástico converténdose en auténticos magos e magas.

MAGO PEDRO BUGARIN NA A.L.M. DE BAIÓN

Actividade de animación á escrita de minicontos con “O faiado de Nin”

Día 19 de outubro de 2018 das 10 da mañá ata case a medianoite, na biblioteca de Escairón
Na Biblioteca Pública Municipal do Saviñao, despois do éxito acadado nas catro edicións anteriores, volveremos adiantar o Día da Biblioteca e celebrar o Día da Biblioteca – Noite na Biblioteca, con actividades de moi diverso contido, empezando con visitas escolares ó longo de toda a mañá e non rematando ata case a medianoite.
Este ano acompañáronnos o autor e intérprete Daniel Blanco Chapela de ThemomentoImpro e a narradora Fátima Fernández (ámbolos dous do repertorio do programa Ler conta moito), que visitaron a Biblioteca cun obradoiro teatral a partir de 10 anos e cunha sesión de contos para toda a familia.
Este foi o Programa completo:
Visitáronnos os estudantes de 4º e 5º de Infantil, que aprenderon onde están os libros axeitados á súa idade e como poden lelos ou levalos para a casa. Ademais, os de 5º e 6º de Primaria, aprenderon que, ás veces, nos podemos atopar con libros obsoletos, que conteñen datos incorrectos ou que están en mal estado, polo que despois de escoitar que se poden retirar da biblioteca, axudáronnos a seleccionar de entre algúns dos que tiñamos listos para retirar, aqueles que na súa opinión SI debemos retirar e aqueles que NON. Sorprendentemente, houbo algún bastante deteriorado que recibiu o seu indulto porque é moi divertido, tén debuxos moi bonitos e ademais pode axudar ós máis pequenos a aprender. Algún, aínda que está moi chulo, está demasiado vello e roto, polo que non queda máis remedio que retiralo. Grazas por axudar á biblioteca coa difícil tarefa de expurgo (que é como se chama a esta retirada de libros), pois a opinión dos principais destinatarios dos libros que analizamos é moi importante.

Despois das visitas guiadas do mediodía, ás 17:00, xusto antes de empezar cos obradoiros de tsumami e de imrovisación teatral de Daniel Blanco, tivemos videoconferencia con Loli, a nosa querida monitora de origami desde Escairón a Kioto (Xapón).
Logo da merenda, continuou o obradoiro teatral e tivemos contacontos cunha eiruga moi larpeira, que rematou cun obradoiro de manualidades e un xogo de mesa.
Cando ás 21:00 chegou Fátima Fernández cos seus contos quedamos todos e todas coas bocas e as orellas moi abertas, menudas cousas que nos contou! Superxenial e megafantástico ou megaxenial e superfantástico, en palabras dalgúns participantes.
Despois de cear unhas deliciosas pizzas, adentrámonos no mundo de Harry Potter e o quidditch establecendo un torneo entre todas as casas de Hogwarts.
Rematamos a festa case á medianoite coa promesa de volver á biblioteca atopar novos misterios, aventuras e sorpresas.
Como vén sendo costume, pais e nais tiñan máis ganas de ir durmir que os máis pequenos da casa.
Esperamos que o pasarades ben e que sigades con ganas de visitar a vosa biblio. Nós xa estamos pensando como celebralo o próximo ano.
Agradecemos de corazón a vosa participación nas actividades e esperamos que o pasarades moi, moi ben.
O pasado mércores 17 comezamos as celebracións do Día da Biblioteca con Teatro Calavera, que nos trouxo a aloucada historia de amor do cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa. Finalizou a actividade cun obradoiro de decoración de madalenas con pasta de azucre.
Pasamos unha tarde moi divertida!!!



O xoves, 18 de Octubro, visitounos na biblioteca no Centro Cívico de Vite en Santiago de Compostela “O Faiado de Nin” que desenvolveu un creativo obradoiro de bolsas, onde os participantes personalizaron os seus deseños relacionados co mundo dos libros. Con fieltros, retais, cintas, abelorios…..,deron renda solta a súa imaxinación,creando unhas mochilas cheas de historias.
Os nenos e nenas de Baión disfrutaron o día 10 de outubro do concerto de CAMIÑOS de Magin Blanco, no que o instrumento estrela foi a guitarra.


MAGIN BLANCO NA A.L.M DE BAION





Os rapaces e rapazas de Tremoedo tiveron a sorte de participar no obradoiro creativo da FABULA DO ESPANTALLO na que interactuaron cos Quinquilláns e co espantallo.
Onte 10 de outubro, o Faiado de Nin fixo as ledicias dos/as cativos/as de Touro coa creación de divertidas e vistosas bolsas de lectura.




Antón e Tomasa contaron un conto e despois fixeron brochetas de froitas recubertas de chocolate fondue cos asistentes ó obradoiro

En outubro tampouco faltou a sesión de contacontos do venres 5 de outubro ás 5 da tarde.
¿Algúen estivo algunha vez nun restaurante?
De ser así, desta vez será diferente.
Os nenos/as que asistan ao obradoiro,
terán a oportunidade de adentrarse
nun restaurante moi especial,
no que a imaxinación e os libros
serán os ingredientes principais
dos pratos a degustar.
Esta actividade, recomedada de 5 a 8 anos e público familiar e acompañante.
Estamos preparándonos para o Día das Bibliotecas coa sesión de Ler conta moito:
da man de Andamiaxe
Chegamos á Biblio-Restaurante e atopamos xa a mesa posta.
Posto o mantel, e sentados á mesa, tocou decoralo ó gusto porque estaba un pouco “soso”. De primeiro prato, tivemos un conto delicioso cada participante.
Gustounos moito lelo e escoller a nosa personaxe favorita.
De segundo, decoramos o noso pano coa nosa personaxe favorita. Logo dobramos o pano, e seguindo as indicacións, numeramos cada esquina. 
Baixo cada unha delas tocou ir: pegando 2 palabras/frases escollidas ó chou, escribir un nome para a nosa personaxe (non a do conto, senon a que debuxamos), poñer o que facía e finalmente o que lle pasaba.
Saíunos un conto fantástico! Cada un, orixinal e diferente.
Para rematar, a nosa “camareira” contounos o que se lle ocorrera a ela:
Os animais da selva queren abrir unha escola e escollen o que hai que aprender nela. Finalmente deciden que non foi boa idea obrigar a todos a aprender todo porque todos somos diferentes e temos diferentes habilidades.

Finalmente, como viñemos sen carteira para pagar a consumición, tivemos que pagar con tarxeta indicando cal era o noso libro favorito…
Pasámolo lambonamente ben!


Séguenos