Obradoiro de minicontos na Biblioteca Municipal de Lugo
O Faiado de Nin trouxo á biblioteca todo o necesario para facer un pequeno libro: as ideas para crear unha boa historia, cómo levala ao papel e cómo encadernarlo!


O Faiado de Nin trouxo á biblioteca todo o necesario para facer un pequeno libro: as ideas para crear unha boa historia, cómo levala ao papel e cómo encadernarlo!


Miguel introduciu o obradoiro cunha explicación da etimoloxía da palabra papiroflexia. Despois os nenos/as empezaron a facer as figuras de papel (caixas, paxaros e ra) seguindo os pasos que Miguel lles marcaba.


O venres tivo lugar un contacontos e taller de debuxo “A detective Peregrina e o insólito caso de Antón Fraguas” a cargo dos nosos amigos Enrique Mauricio e Carlos Taboada.
A actividade, que tivo lugar na sala infantil da biblioteca, rendiu homenaxe á figura de Antón Fraguas, historiador e etnólogo homenaxeado no Día das Letras Galegas 2019.

O contacontos estaba baseado na publicación “A detective Peregrina e o insólito caso Antón Fraguas”,
e nel narran a historia, misturada coa realización dun mural no que participaron todas as persoas asistentes, para dar a coñecer a vida e obra de Antón Fraguas dunha forma moi divertida. Por último, nos ensinaron a debuxar paso por paso ao homenaxeado, Antón Fraguas. Unha actividade absolutamente recomendable.

O mércores 3 de xullo, comezamos cos obradoiros do verán na Biblioteca. Este día foi de globoflexia. Da man de Ian & Elisa, os nenos aprenderon a facer distintas figuras inspirados polos contos : cans, coroas, espadas…













O 26 de setembro os alumnos/as de 1º e 2º de Educación Primaria do CPI, visitaron a Biblioteca para disfrutar da actividade de animación a lectura de Andamiaxe, coa obra “Un banquete con moito conto”
Un banquete no que a comida principal eran os contos, servidos por unha camareira moi especial. Unha servilleta… papiroflexia… e nela os rapaces crearon o seu propio prato (conto). Fixeron unha crítica gastronómica do que comeron. Chamaronlle a Biblioteca, Bibliorestaurante. Pagaron a comida, deixando propina. Calificaron o restaurante de sobresaínte, excelente, fantástico con notas superiores a mil e quedaron en volver moi pronto.
O 24 de outubro, Dia da Biblioteca , celebrámolo con Polo Correo do Vento e a actividade “Contacontos ilustrado de mulleres galegas”. A esta actividade asistiron nenos de CEIP Plurilingüe de Ribadavia de 3º e 4º de Primaria. Atenderon ao contacontos e logo participaron nun obradoiro de caricatura.




O luns 29, co gallo do día da Biblioteca, tivemos en Santiso a actuación do mago Pedro Bugarín.
Foi unha actuación con maxia e obradoiros que lles encantou aos participantes.

O sábado 27, 14 nenos e nenas de Bertamiráns gozaron moito creando fantásticos deseños para as súas mochilas. Un obradoiro divertido e orixinal co que celebramos o Día da Biblioteca.

O venres día 26 de outubro visitou a biblioteca do Milladoiro, Patricia, do Faiado de Nin. Ela axudounos a deseñar unhas fantásticas mochilas para gardar os libros que levamos en préstamos da biblioteca, por exemplo. Un obradoiro marabilloso para celebrar tamén o noso día, o Día da Biblioteca. Os rapaces gozaron moito e fixeron preciosos e orixinas deseños.


O venres, 26 de outubro, desenvolveuse está actividade que deixou abraiados ós participantes. En grupos tiveron que buscar pola habitación unha serie de pistas e enigmas que debían ir resolvendo co obxectivo de poder rescatar a Alicia, que se atopaba dentro dunha gaiola fechada cunha serie de cadeados. Os grupos tiñan que acadar os códigos para poder abrilos. Cada grupo tiña que ocuparse dun cadeado e entre todos tiñan que cooperar para poder abrir a gaiola. Moi entretida. Aprenderon moitas cousas sobre o mundo máxico de Alicia e Lewis Carroll dun xeito divertido.



Séguenos