Pintamonas, elefanas e xirafas chegan a Caldas de Reis
María Lires imparteu un obradoiro de debuxo e pintura a un grupo de nenos e nenas. 
Para repetir!
María Lires imparteu un obradoiro de debuxo e pintura a un grupo de nenos e nenas. 
Para repetir!
O venres 4 de Abril festexamos na Axencia de Lectura Municipal de Chapela o Día do Libro Infantil e Xuvenil, convidando aos máis cativos a achegarse aos contos e mais á práctica de experimentos científicos.

A contadora Nita amenizou unha tarde moi divertida e instrutiva, onde pais e nenos gozaron da maxia da ciencia.
A actividade realizámola en dous grupos:
– Un primeiro grupo, con cativos/-as de 2 a 3 anos.
– Un segundo grupo, con cativos/-as de 4 a 6 anos.
Pais e nenos saíron moi satisfeitos, as valoracións foron moi boas e todos aprendemos e gozamos coa actividade.
VER MÁIS NO BLOG DAS BIBLIOTECAS DE REDONDELA: http://bibliotecasredondela.blogspot.com.es/2014/04/a-ciencia-divertida-de-nita-na.html
A Biblioteca do IES Val do Asma de Chantada acolleu unha actividade de coñecemento da vida e obra dun dos grandes pintores dos S.XIX-XX, Vincent Van Gogh, titulado “UN DÍA CON VAN GOGH”, na que participou o alumnado de Carballedo e Chantada, de 1º e 3º da ESO.
A compañía Crearte, que foi quen impartiu o obradoiro fixou unha sesión teórico-práctica na que se lles amosaron ós/ás rapaces unha pequena mostra das obras deste singular artista, así como algunhas características da súa pintura e anécdotas da súa intensa e curta vida.
O mércores 2 de abril os alumnos de 3º de Primaria do Centro Público Integrado “Curros Enríquez” de Pazos estiveron en BIBLIOPAZOS “Xogando coas letras”.
“Xogando coas letras” é un obradoiro creativo que foi realizado por Patricia Martínez e Mila de EDUVIA centrada na figura de Xosé María Díaz Castro, poeta homenaxeado neste ano 2014 no Día das Letras Galegas.
Aproveitamos a ocasión para celebrar tamén o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL que se celebra tódolos anos dende 1.967 o día 2 de abril para conmemorar o nacemento de Hans Christian Andersen y co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.
Durante unha hora e media celebramos este día tan especial e gozamos moitísimo xogando coas palabras e aprendendo a formalas en moitos idiomas de xeito cooperativo, traballando en grupo e dunha forma moi divertida e dinámica.
Wilson Mesa
O xoves día 27 de marzo @s nen@s de Infantil e 1º e 2º de Primaria do CEIP Xosé Luis Taboada disfrutaron do contacontos “A CIENCIA É DIVERTIDA” na Biblioteca do centro.
Nunha primeira parte da actividade, coa que se pretendía o fomento da lectura, da creatividade e da experimentación, Ana Romero Porto, narrou tres contos….
E despois….fixo, coa axuda d@s nen@s varios experimentos con utensilios da vida cotiá, como por exemplo, inchar un globo sen aire, elaborar con auga e pintura estrelas máxicas ou facer unha lampada fluorescente…. Tódolos experimentos deixaron ó público abraidado…
Interesantes obradoiro no que os participantes crearon perxoases baseados no seu contorno. Incluso inventaron algúns guións!!
O sábado 26 de outubro tivo lugar na biblioteca de Santa Comba un Taller de Instantáneas de Plastilina con María Noel Toledo. Unha mañán na que os pequen@s xalleiros disfrutaron coa plastilina e aos que se lle fixeron curtas as dúas horas que durou o taller
O venres 27 de setembro visitounos Enrique Mauricio Iglesias, do grupo “MAU Lareira Global”, e fixo as delicias de maiores e e pequenos co seu espectáculo “Violeta, a carteira bolboreta”. Contounos unha preciosa historia, e axudounos a debuxar aínda un pouco mellor. A verdade, foi unha sesión divertida e moi dinámica, chegounos a pouco! 
O pasado venres a Biblioteca de Chapela foi o Punto de partida para que rapaces e rapazas exprimiran a súa imaxinación na creación de historias.
O obradoiro Dende o Punto ao Infinito, achegado polo animador Manuel Solla encamiñou a estes cativos para xogar coa imaxinación e plantexar unha orixinal base para inventar historias.
Se trataba de explorar a creación inconsciente. Mediante o xogo de converternos en Puntos, puntos que se moven, que ocupan un espazo e se comunican. Eses puntos se expresan no papel, e que se unen para transformarse en debuxos.
E agora chegaba o momento de inventar personaxes a partir dos debuxos creados polos puntos e, o máis importante, crear historias divertidas e disparatadas a partir destes personaxes ou obxectos.
Podedes ver máis no Blog das Bibliotecas de Redondela: http://bibliotecasredondela.blogspot.com.es/2013/10/dende-o-punto-ao-infinito-xogo-e.html


Séguenos