Actuación de Brais das Hortas en San Pedro de Muro
As narracións de Brais fixeron as delicias dos rapaces que acudiron á actividade “Contos para caghar patatillas”, con moito humor e música. E tamén os maiores as desfrutamos!

As narracións de Brais fixeron as delicias dos rapaces que acudiron á actividade “Contos para caghar patatillas”, con moito humor e música. E tamén os maiores as desfrutamos!

Os nenos da contorna de Porto do Son tiveron a ocasión de desfrutar da actuación de Teatro Ghazafelhos, coa súa actividade “Contamos contos de lobos?”.

Día 21 de outubro de 2025 ás 11:00, biblioteca de Escairón
Celebramos a Semana das Bibliotecas coa actividade do programa Ler conta moito…
Contacontos sensorial
da man de Eduvía (Vías para a Educación)
o 24 de outubro, ás 11:00 na biblioteca
Coma en anteriores edicións, convidamos a pais, nais, avós, avoas, profesoras e bebés a visitar a sala infantil da biblioteca para coñecer a sala infantil, nomeadamente a sección Bebeteca. Ademais, Patricia a través da actividade Contacontos sensorial achegounos ás sensacións que sons, colores, olores e tacto provocan en nós e en contacto cos nosos bebés.
Ademais de xogar coa nosa voz, aproveitamos para, xuntos, ver e tocar diferentes obxectos, para SENTILOS.

Podemos xogar coa nosa voz modulándoa para contar un conto.
Rematamos co sentido do olfacto, co que rimos un pouco bastante.
Cantamos, bailamos, rimos, pero sobre todo sentimos.
Rematada a sesión sensorial, xogamos cos libros da biblioteca para coñecelos e recoñecer que hai que podemos levar para a casa ademais da idea de xogar cos nosos sentidos e cos dos bebés, sabendo que na casa (coñecendo as súas preferencias, alerxias e intolerancias) ademais de coa vista, o ouvido, o tacto e o olfacto, podemos xogar co sentido do gusto, ofrecéndolles sabores novos e con diferentes. Os materiais para bebés que temos na biblioteca poden consultarse no catálogo da Rede de Bibliotecas de Galicia [consulta aquí os libros da Bebeteca].
Onte vivimos unha tarde chea de contos na Biblioteca de Cee. Tivemos a sorte de acoller un contacontos sensorial para bebés da man de Patricia de Eduvia, unha actividade pensada para que os máis pequechos descubran o pracer das historias a través dos sentidos.
Durante a sesión, tanto pais coma bebés mergulláronse nun mundo de cores, sons, texturas e emocións. É a primeira vez que organizamos unha actividade para bebés e sen dúbida repetiremos.


O Mércores, 22 de outubro, Pakolas compartiu a Semana da Biblioteca cos máis pequenos.
Alumnos de infantil de Vimianzo desfrutaron da actuación “A Ramona pequena vai a Lúa”Un marabilloso espectáculo de contos, humor e música, onde os nenos participaron activamente.

Go gaio das celebración do Día das bibliotecas, o pasado martes 21 de outubro tivo cabida unhas clases especiais: unha “Escola de dragóns”.
Contaconto onde os nenos e nenas acompañan a Zog polo seu paso na Escola de Dragóns, todos xuntos aprenderon a comportarse como auténticos dragóns. Actividade onde a rapazada interactúa no contacontos. Risas, maxia e sorpresas de dragóns…

As aventuras de Mariña chegan a Caión (A Laracha) unha vila mariñeira onde disfrutan a tope dos contos relacionados ca vida do mar. Os nenos e nenas puideron aprender un pouco máis do mundo mariño e pasar un rato divertido coas aventuras desta personaxe tan interesante.

O pasado 10 de novembro vivimos unha tarde moi divertida coas peripecias de xurxo, un contacontos moi divertido e educativo da man de Malasombra produccións.



Este martes, a Biblioteca Municipal Os Templarios (O Temple – Cambre), acolleu un novo e inspirador contacontos, titulado ‘Os rizos de Lía’, a cargo de Patricia García Lesta.


Séguenos