A gran viaxe das Letras Galegas na BPM Irmáns Camba de Vilanova de Arousa
Celebrando o Día das Letras Galegas en Vilanova de Arousa con A Xanela do Maxín e o seu espectáculo “A gran viaxe das Letras Galegas
Celebrando o Día das Letras Galegas en Vilanova de Arousa con A Xanela do Maxín e o seu espectáculo “A gran viaxe das Letras Galegas

Onte 17 de maio no Concello de Paderne celebramos o días das Letras Galegas ca actuación de “Contos arredor de nós” da narradora oral Alba de Vales. Contos, cancións e ata un anaquiño do libro de Morgana en Esmelle de Begoña Caamaño. Actuación que gustou a homes e mulleres, a grandes e pequenos.
Poio arrancou este sábado a programación do Día das Letras Galegas cun mega obradoiro creativo de globoflexia e maxia dirixido a cativada. 2 Minds Combined mestura nesta actividade maxia, humor e pedagoxía para crear experiencias lectoras próximas e orixinais.
Marta Ortiz comezou a viaxe nun taller de costura, un lugar máxico aos ollos da nena protagonista que escoita contos, coplas, cancións en boca da súa avoa, nai e tía mentres traballan.

Contos tan antigos como o oficio da costura. Puntada a puntada percorreu mundos onde os fíos falaban, as caixas de costura abrían as portas da fantasía e os bastidores de bordar eran fiestras onde asomarse a historias prohibidas.

Narración oral, música, teatro de obxectos e pezas enlazadas polas coplas do Cancioneiro da Agulla. Unha homenaxe ás mulleres de mans sabias que foron as primeiras narradoras e transmisoras de coñecemento.

O pasado venres, nenos e nenas de entre 4 e 7 anos aprenderon as súas primeiras posturas de ioga e escoitaron atentos as aventuras de Escola de Monstros.
Raquel Senra, de Árbore Azul, volveu a Sada para ensinarlles a xogar co corpo, a voz e a respiración.
E elas e eles aprenderon entre risos.


O Mago Richard ofreceu un espectáculo ameno e participativo creando unha atmósfera máxica.


Contacontos infantil na Biblioteca.
16 de maio, sábado, ás 12:00 h, Contamos en igualdade, por Eduvía (Vías para a Educación).
Pasámolo moi ben con Teatro Escena vendo como Ariadna e o profesor Florentino protexían ao dinosauro Xuri dos malfeitores nunha aventura marabillosa.




Onte tivemos a visita de Lalá Teatro na biblioteca de Darbo coa súa obra “Aventura pirata”.
Cantamos, bailamos, escoitamos historias e buscamos pistas para atopar o tesouro pirata.
Foi unha tarde moi especial, pasámolo moi ben.


Séguenos