O “Quiquiriquí” de Monchiño escoitouse na Biblioteca de Aldán

Raquel Crespo veunos contar as historias da granxa da Rosa.
Cativos e maiores desfrutamos a rabiar.

Raquel Crespo veunos contar as historias da granxa da Rosa.
Cativos e maiores desfrutamos a rabiar.
O martes día 19 de maio tivemos a visita na biblioteca de Covelo da rapaciada do CEIP de Covelo para ver o espectáculo ofrecido por Ian e Elisa ( 2 MINDS COMBINED). Unha sesión de animación a lectura con maxia e sombras chinescas que fixeron que todos pasaramos unha mañá moi divertida e amena.


O martes día 19 de maio estivo na BPM de Sober o contador Avelino González.
Escoitamos historias próximas do noso concello e recoñecidos personaxes moi pintorescos. Tamén lendas de mouras e tesouros, con moitas anécdotas cómicas que fixeron rir, e moito, ás persoas asistentes a esta sesión de contos.
Para celebrar o Día das Letras Galegas nas bibliotecas de Moaña contamos coa actividade infantil A gran viaxe das Letras Galegas, un contacontos da compañía A Xanela do Maxín que nos propuxo un recorrido pola historia, a lingua e a cultura galegas a través de palabras, sons e recordos. O espectáculo viaxou por distintas épocas e figuras da literatura galega, dende Begoña Caamaño ata Rosalía de Castro, reivindicando o poder transformador das letras e a importancia da memoria colectiva.



TRÉCOLA PRODUCIÓNS PRESENTOU NA BIBLIOTECA POETA CRECENTE VEGA DE CASTRO DE REI “HISTORIA DUNHA GAIVOTA”. UN CONTACONTOS ACOMPAÑADO DE BONECOS FEITOS DE MADEIRA CO QUE DISFRUTARON NENOS E MAIORES.
Hoxe disfrutamos con ¿CANTAMOS UN CONTO? por mor das Letras Galegas veunos a ver, cotar e cantar moitos contos Blanca Millán
O pasado venres 15 de maio a Biblioteca Municipal da Estrada recibiu a visita de Charo Pita co seu espectáculo Colorín Colorete. A artista encandilou aos nenos e nenas asistentes cos seus contos e cancións, e encheu a nosa sala de actividades dunha atmósfera de diversión.


Paula Regueiro García realiza unha viaxe a través das Letras Galegas descubrindo un país de libros e letras. Achegounos a historias de coraxe e imaxinación na vida e obra das autoras galegas, facendo especial mención da homenaxeada das Letras 2026, Begoña Caamaño. As nenas e nenos asistentes a actividade aprenderon que as palabras son chaves que abren portas.


Caxoto presentou un conto para bebés ,con cancións e moitas figuras de animais ,narrado co seu bo facer.
Un conto que os nenos e nenas seguiron con atención ,aínda que eran de idades ata tres anos.
Así de ben o pasamos o venres celebrando o Día das Letras Galegas na biblioteca! 📚✨
Recibimos con moita ilusión ás nenas e nenos do CEIP de Cenlle, que viñeron festexar connosco o amor pola nosa lingua e a nosa cultura.
Cantamos, bailamos e gozamos da música en galego coa actuación de Pakolas!
Unha xornada inesquecible!❤️



Séguenos