Biblioteca de Ferrol e as Creacións literarias de Lucía Jares

Lucía Jares no taller de escritura (primeira sesión).

Lucía Jares no taller de escritura (primeira sesión).
Vémonos nos contos!
No día de onte achegouse á Biblioteca de Mondariz Balneario o equipo de PeixeSapop para ensinarnos as diferentes técnicas a aplicar para realizar as cianotipias, tanto para maiores como para á cativada. O publico asistente traballou con diferentes materiais, plumas, algas, vexetais…que aplicados xunto cos negativos formaron uns traballos únicos. Aquí tedes unha escolma dos resultados.

Quedamos encantadas e encantados con esta actividade, moi recomendable para todos os públicos.
O día 17 de maio a Biblioteca Pública de Allariz a través do programa Ler Conta Moito sumouse a celebración das Letras Galegas 2026, dedicado a Begoña Caamaño ca programación da actividade cantamos con Luis! De Luis Vallecillo
A biblioteca utilizou como espazo para a realización da actividade a Alameda para pode albergar un maior número de público y que actividade, e mais coincidindo ca data do 17 de maio puidese participar o maior numero de nenas e nenos.
Luis Vallecillo fixo un recorrido polo seu libro Cantamos? E a través dos seus contos, cantarémolos e bailarémolos, gozando da lectura a ritmo de blues e rock & roll…contos de sempre, Os Tres Cerditos, Juan sen Medo” e moitas sorpresas entre as que estivo canción de Rosalía de castro.

O venres 15 de maio con motivo da programación das letras galegas realizamos un obradoiro de fundas+cadernos de lectura a cargo do Faiado de Nin na Biblioteca Municipal da Laracha. Un obradoiro moi entretido e participativo no que poideron levar para casa o material elaborado.
O pasado 15 de maio, con motivo das Letras Galegas, celebrouse na biblioteca municipal o obradoiro “Lettering con Begoña Caamaño” no que a rapazada coñeceu a arte de debuxar letras sumerxíndose na obra de Begoña Caamaño.


O 17 de maio tivo lugar no parque "Rosalía de Castro" de Marín un espectáculo infantil
para conmemorar o Día das Letras Galegas de 2026, dedicado á figura de Begoña Caamaño.
María Faltri presentou un espectáculo musical ameno e divertido para os nenos e nenas que se achegaron á sala de exposicións da Casa de Cultura do Vicedo, con moita musica galega e achegándose aos libros presentes na colección da biblioteca local.

O pasado domingo 17 de maio o público de A Fonsagrada, en especial os máis pequenos disfrutaron moito da actuación do mago Paco. Este espectáculo estaba enmarcado no Festival das Letras Galegas que cada ano organiza a asociación cultural Antaruxas e Sorteiros. Entre outras cousas entregaronse os diplomas aos gañadores do concurso de relatos para conmemorar o día das nosas letras, quenes nos agasallaron coa súa lectura. Os nenos estuveron moi participativos e o pasaron xenial.
Con motivo da celebración do Día internacional do libro, o Concello do Valadouro organizou o día seguinte, o venres 24 de abril, un contacontos titulado O Secreto da Biblioteca no Salón de Actos da Casa da Cultura. O público coñeceu a Iria nunha aventura chea de misterio. A través de xogos, pistas e libros que falan, nenas e nenos descubriron o secreto da biblioteca


Séguenos