DÍA DO LIBRO EN MONTERROSO
Hoxe celebramos o día do libro na Biblioteca Pública de Monterroso o Día do Libro xunto a Anxo Moure
Hoxe celebramos o día do libro na Biblioteca Pública de Monterroso o Día do Libro xunto a Anxo Moure
Este martes 21 de marzo os nen@s do CEIP de Conmeniño en San Vicente disfrutaron das historias e dos contos que trouxo Manuel Pombal e que lle contaba o bibliotecario Frumario.
Sen mais axuda que a súa voz, os xestos e unha guitarra Manuel sorprendeu a todos con historias sobre piratas, bruxas e animais que fixeron as delicias de todos os asistentes.

Este mércores 22 tocoulle a Paiosaco con Manuela contacontos , un gatiño miu divertido co que xogamos, interactuamos e escoitamos historias moi interesantes.

Para celebrar o día do Libro, veu contar á Biblioteca Infantil, Marcos Dios Aguado, trouxo Historias de Monicreques cas que invita a apagar as pantallas e entreterse ca lectura
O mago Pedro Bugarín chegou á biblio de Berdeogas cargado de xogos de maxia que a rapazada aprendeu con moito interese.
Foi un obradoiro de maxia moi práctico, moi divertido e totalmente dirixido a incentivar a participación e o desexo de seguir aprendendo máis cousas do mundo da maxia.
Moi recomendable.

A pasada semana Pedras de Papel visitaba a nosa ALM de Dumbría.
Electra tróuxonos un taller creativo moi entretido.
A rapazada adentrouse no apaixoante mundo da escultura con papel realizando o seu propio animal en 3D.
Actividade moi recomendable!

Estefanía Padullés estivo na biblio para ensinar ás nenas e nenos a crear o seu propio cómic.
Foi unha actividade moi entretida e creativa.

Contamos contos de Lobos? inundou de bo humor e moitas risas a Biblioteca Pública de Melide “Xosé Vázquez Pintor”. As nenas e nenos dos tres centros escolares do municipio puideron desfrutar e participar na interpretación de tres contos clásicos: A caperuchiña vermella, Os tres porquiños e Os sete cabuxos.
Foi unha magnífica actuación na que o público riu a esgalla.



Actividade para bebés na que se conxugan efectos visuais con música e narración logrando manter a atención durante a media hora que dura o conto. Traballanse as emocións.
O pasado venres 17 de abril pasámolo xenial! Agradecemos a asistencia e implicación do público adulto e infantil. Quedamos encantados coa marabillosa Xiada Sanlés Míguez.
Grazas por facer Biblioteca : )



Séguenos