A Biblioteca do Barqueiro celebra por adiantado o Día das Bibliotecas con “Frumario o bibliotecario”
Para conmemorar o Día das Bibliotecas, a Biblioteca do Barqueiro quixo achegar un espectáculo de narración oral, dirixido a nenas e nenos.
Da man de Manuel Pombal e do seu espectáculo Frumario o bibliotecario, mergullámonos nas fantásticas e variadas historias que agochan os libros das bibliotecas e do seu persoal, os bibliotecarios, como mediadores de coñecemento
Unha tarde divertida, chea de talento e imaxinación, da que gozaron adultos e rapazada.
Con este espectáculo, pechamos ata o vindeiro anos, o programa patrocinado por Ler conta moito da Rede de Bibliotecas de Galicia.

























Séguenos