CAMBIAR O CONTO
Os nosos rapaces traballando no novo obradorio creativo da biblioteca municipal
Os nosos rapaces traballando no novo obradorio creativo da biblioteca municipal
Actividade que mistura a animación musical con diferentes números de clown, malabares e lume 
O público puido xogar e bailar ó ritmo das cancións infantís máis míticas ata coa música máis actual grazas a diferentes coreos e xogos.
Ó comezo da actuación o intérprete fixo unha entrada tipo “happening” interactuando e improvisando co público para introducilos no mundo do clown.
Un concerto acústico a cargo de Os Peregrinos destinado ao público de todas as idades co que se pretende aportar outra visión acerca dunha personaxe tan relevante no noso patrimonio como Rosalía de Castro, a través da musicalización de varios dos seus poemas incluídos no libro Follas Novas, empregando ritmos actuais, accesibles e universais coma o bossanova e o pop, que aportan luminosidade ás verbas de Rosalía, mostrando a vixencia, modernidade e plasticidade dos seus textos, así como a proxección do videoclip de debuxos animados Follas Novas. Un novo achegamento á figura de Rosalía, na que se pretende subvertir dalgún xeito os estereotipos dela aos que estamos acostumados.
O venres tivemos nos alrededores da biblioteca o contacontos musical de “historias de Bemol Pequeno” interpretado por Música Miúda.
A pesares do sofocante calor, a xente e a rapazada de Covelo acercáronse e disfrutaron das cancións e historias na vila de Bemol Pequeno.
Nenos e nenas desfrutaron o pasado venres da narración oral de Vero Rilo na ALM Xosé Neira Vilas de Touro. Foi un tempiño de lecer e diversión

Vero Rilo Touro
Malia a calor, na Bibliopiscina de Biblioteca dos Tilos (Teo) non quixemos perdernos este espectáculo de títeres onde os animais queren saber a que sabe a lúa. Desfrutamos axudando a coidar os paxariños para que a serpe non os atopara e vendo os ensaios de piruetas da cadela Violeta.


O martes 12 de xullo que ben o pasamos coa bruxa Maruxa.
Historia dunha nena que non quere ser bruxa que quere ser artistaaaaa…. e dáselle moi ben!!!



Onte os nenos de Vilasantar aprenderon a debuxar letras con Alba, dunha forma creativa. Actividade que fixemos a o aire libre, debido a calor que facia para estar en interior.
O duende Dada volveu despois duns anos á biblioteca de Esgos e os seus contos de animais volveron a gustar moito.



Onte mércores 13 de xullo visitounos Alba Grande para contarnos algunhas historias antigas e ensinarnos unhas cancións que nos atrevemos a cantar e bailar.




Séguenos