Música Miúda no Vicedo
Un numeroso gr
po de nenos e adultos participaron onte no concerto de Música Míuda no salón de actos da Casa da Cultura do Vicedo. Música e diversión para toda a familia entre música e contos.

Un numeroso gr
po de nenos e adultos participaron onte no concerto de Música Míuda no salón de actos da Casa da Cultura do Vicedo. Música e diversión para toda a familia entre música e contos.

Onte tivemos ao rato ilustrador para contarnos e debuxarnos tres contos: Garavanciño, A oca loca e Tomás e o lápis máxico. Os nenos gozaron descubrindo o que o rato ía debuxando. Terminamos cantando un poema de Manuel María.


O martes 26 de abril, na Biblioteca Pública Municipal de Nigrán, Raquel Queizás fixo a actividade cultural O eco das pedras : as lendas que nos fan pobo. Os enigmáticos e cativadores petróglifos foron os protagonistas.


O sábado 23 de abril , levouse a cabo no Concello de Vilanova de Arousa, unha actividade para conmemorar o día do libro. Foi organizada pola biblioteca Irmáns Camba, pero por motivos de espazo a actividade foi trasladada a outra dependencia do Concello preto da Biblioteca.
Os contos musicalizados de Fran Amil foron quen de divertir ós nenos e aos seu acompañantes, que ademáis eran partícipes en todo momento da actividade.




Contos mezclados con máxia mostrando moita empatia co público e sempre coa animación a lectura de fondo
unha actividade moi recomendable non so polo entretido que pode ser a máxia, pois tamén conta co valor dos contos e da lectura.
A biblioteca Xela Arias de Chapela festexou o Día do Libro co contacontos “A biblioteca que viaxaba no tempo”, da man de Olga Abad. Un conto onde a biblioteca e a maxia dos libros traen a ledicia a todos os lugares.
Cativos e cativas de 1 a 4 anos gozaron da actividade acompañados das súas familias.
+ INFO NA NOSA WEBLOG: https://bibliotecas.redondela.gal/bibliotecas-maxicas-en-chapela-polo-dia-do-libro

Nas bibliotecas de Muros seguimos de festa, Pavís Pavós viñeron visitar a axencia de lectura de Esteiro. Nenos e maiores estuveron encantados e disfrutaron dunha tarde chea de contos.

O sábado 23 de abril, recibimos na Biblioteca, a Ton e o seu can Raio, que nos contaron a suas divertidas e enxeñosas historias. Disfrutaron os nenos, e disfrutaron os adultos. Moitas grazas os dous.



O sábado 23, coincidindo co Día do Libro, realizouse en Bergondo este obradoiro.
Participaron os nenos e nenas, acompañados das súas nais ou pais. Encheuse a biblioteca e todos os participantes quedaron moi contentos coa actividade, levando os seus traballos para casa.



Os monstros viñeron a Mos para festexar o día do libro e para demostrar que teñen sentimentos!
Que ben o pasaron os nosos cativos!


Séguenos