MAXIA e CONTOS con Carlos Coira e Abrapalabra na BPM de Cenlle


O sábado 25 de xuño a biblioteca encheuse de maxia coa actuación do mago Pedro Bugarin.
Un espectáculo mui divertido e participativo donde maiores e nenos/as disfrutaron dos xogos de maxia, donde non faltou o humor e a emoción dende o principio ata o final, sin duda repetiremos…



A famosa bandoleira Pepa a Loba, chega até un refuxio onde poder acubillarse: a taberna de Xermade da que tanto lle escoitara falar a súa nai e decide poñela de novo en funcionamento coa axuda da súa banda.
Animada polos vencellos locais da historia o público desfrutou moito coa obra, interpretada por Cristina Collazo.
NOVO MAXIA PARA TODOS , EN TABOADA, O DÍA 22 DE XUÑO.
O mago Pedro Bugarín totalmente renovado e que se caracteriza por ser emocionante e versátil. Este show cambia, pero mantén a esencia da maxia.
ACTUACIÓN DO MAGO PEDRO BUGARÍN EN TABAODA , O DÍA 20 DE XUÑO, COA SESIÓN “GALICIA ILUSIONA COA MAXIA”
Grande participación de nenos/as de tódalas idades. Maxia divertida e moi participativa. Esta tarde de Biblioteca celebrado no polideportivo pola enorme afluencia de participantes.

Na tarde do venres 10 de xuño o parque do Piñeiral do Crego, en Chapela, converteuse en espazo acolledor para gozar da lectura e xenial escenario para contar contos. Un público diverso, formado por persoas de todas as idades gozaron das historias que, salferidas das gotas da tradición oral galega, nos achegou unha contadora de excepción da que quedamos namorados: Alba Grande.
A actividade estaba organizada pola Biblioteca Municipal Xela Arias de Chapela.
+ INFO no noso Weblog: https://bibliotecas.redondela.gal/contos-con-alba-grande-para-unha-tarde-de-biblioteca-no-parque-do-pineiral/

O martes 21 de xuño, na biblioteca de Sober , as persoas maiores que acuden as actividades programadas para eles, disfrutaron dunha tarde de contos con Carmen Conde. narradora oral que traballa o maxín, o descurso propio, a creación de mundos e algo fundamental: a escoita.
O 20 de xuño o mago Pedro Bugarín ilusionou a nenos e maiores co seu espectáculo “Galicia ilusiona coa maxia”
e anima aos nenos a que ler é a mellor opción para este verán!!!


O mércores 15 de xuño tivemos na Biblioteca de Darbo (Cangas) a actividade “U-la lúa” de A Xanela do Maxín.
Foi un contacontos con monicreques a través do cal coñecemos a historia de Lúa, unha gatiña que quere percorrer mundo e ter moitos amigos e amigas.
Pasámolo xenial e aprendemos que nunca temos que abandoar os nosos soños.


Séguenos