O MAGO PEDRO BUGARÍN VISITA A BIBLIOTECA DE CASTRO DE REI
O 20 de xuño o mago Pedro Bugarín ilusionou a nenos e maiores co seu espectáculo “Galicia ilusiona coa maxia”
e anima aos nenos a que ler é a mellor opción para este verán!!!

O 20 de xuño o mago Pedro Bugarín ilusionou a nenos e maiores co seu espectáculo “Galicia ilusiona coa maxia”
e anima aos nenos a que ler é a mellor opción para este verán!!!


O mércores 15 de xuño tivemos na Biblioteca de Darbo (Cangas) a actividade “U-la lúa” de A Xanela do Maxín.
Foi un contacontos con monicreques a través do cal coñecemos a historia de Lúa, unha gatiña que quere percorrer mundo e ter moitos amigos e amigas.
Pasámolo xenial e aprendemos que nunca temos que abandoar os nosos soños.
O pasado xoves, estivo con nós O Mago Paco cunha morea de contos e historias a través de xogos e da maxia que levaron aos nenos a descubrir a “maxia divertida” que agochan os contos. Unha actividade que os nenos pasárono xenial.

O pasado mércores, estivo con nós O Mago Paco cunha morea de contos e historias a través de xogos e da maxia que levaron aos nenos a descubrir a “maxia divertida” que agochan os contos. Unha actividade que os nenos pasárono xenial.

Estivo con nós O Mago Paco cunha morea de contos e historias a través de xogos e da maxia que levaron aos nenos a descubrir a “maxia divertida” que agochan os contos. Unha actividade que os nenos pasárono xenial.

O pasado martes, estivo con nós O Mago Paco cunha morea de contos e historias a través de xogos e da maxia que levaron aos nenos a descubrir a “maxia divertida” que agochan os contos. Unha actividade que os nenos pasárono xenial.

Para conmemorar a chegada do Solsticio de Verán e as vacacións escolares estivo con nós o escritor, músico e actor PACO NOGUEIRAS co espectáculo “EXTRA!” baseado no seu Libro-CD do mesmo título editado por Kalandraka Editora, no que se combinaron cancións e interpretacións cos rexistros mais divertidos.
A actividade tivo lugar o Venres 10 de Xuño ás 13:00 horas nas instalacións do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e estiveron convidados á mesma o alumnado de Infantil e Primaria do centro, os usuarios da Asociación ASPAVI, e todo o público en xeral que se inscribiu previamente na Biblioteca.
Chegou o “xornal musical” que Paco Nogueiras ideou para compartir con todas e todos nós convidándonos a conectar co mundo e transformar a realidade en canción. Cantáronse noticias, bailáronse melodías e ritmos modernos e pegadizos que animaron á participación activa de todos os asistentes.
En definitiva, difusión da lingua galega, alegría, diversión, imaxinación e información.
Grazas a Paco Nogueiras por este estupendo espectáculo musical.
EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA
En Narón pechamos a nosa tempada de actividades infantís cun espectáculo de narración oral para bebés a cargo da compañía Charlatana.
O pasado sábado 18 de xuño os máis pequerrechos/as da casa emprenderon unha viaxe polo mar chea de experiencias visuais e sonoras.

Nenos e nenas de Touro asistiron á Travesías protagonizada por Raquel Queizás. Foi unha amena sesión de contos, historias e aventuras no Concello de Touro.

raquel queizas
O sábado 18 de xuño, estivo con nós Charo Pita cós nosos nenos 0 a 3 anos, os cales gozaron dos seus contos musicais “A formiga na barriga”. Espectáculo altamente recomendable. A contadora é unha grande profesional na arte de contar e cantar. Os cativos pasárono xenial.




Séguenos