As historias de Pablísimo chegaron a Cambre a golpe de pedal

A tarde do mércores, 8 de outubro, a Biblioteca Central María Pita recibiu a visita de Pablísimo, co seu espectáculo sobre rodas ‘Cabicivai‘.

A tarde do mércores, 8 de outubro, a Biblioteca Central María Pita recibiu a visita de Pablísimo, co seu espectáculo sobre rodas ‘Cabicivai‘.
O mércores 8 de outubro, ás 18:30 hs, na biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz, estaba todo preparado para recibir ao Mago Marco quen orquestou unha posta en escena chea de luces e sons.
Se a isto lle engadimos a súa simpatía e complicidade co público o éxito estaba asegurado.
Pero é que ademáis, deixou, tanto á rapazada como a pais e nais, totalmente abraiados-as cos seus trucos de maxia. Aros que cambian de cores, embudes que botan auga non se sabe de onde, papeis esgazados que se converten en sombreiros e moitos máis xogos nos que puido participar moita xente do público.

Onte día 7 de outubro, visitou a Biblioteca de O Froxel de Arteixo, Antón Ke, presentando “A Gaita Galega”.


Actividade baseada na obra “A gaita galega” de Xoan Manuel Pintos, na que por medio dun conto adaptado da obra e poemas musicados ao ukelele reflexionou cos cativos sobre a importancia do uso da nosa lingua.
Unha componedora de ósos vén á biblioteca de Oseiro porque lle chegaron noticias de que a xente está moi mal.
Entre os asistentes busca axudantes que teñen que superar unhas probas
Mentres lles cura dos seus males cóntalles a historia dunha corva.
Ao final da actuación, os asistentes que quixeron
a ela para ver, dentro dunha caixa a cousa máis marabillosa do mundo.




Hoxe celebramos na Biblioteca do Barqueiro o Día das Escritoras, cunha actividade moi divertida impartida Polo correo do Vento á comunidade do CEIP Francisco López Estrada.
Con “Mulleres nas Letras” aprendimos moito das autoras homenaxeadas nas Letras Galegas: repasamos as súas biografías, cantamos cos seus poemas e rematamos debuxando á primeira, a Rosalía.
O alumnado quedou encantado cun conta contos musicado ao ukelele e có obradoiro de caricaturas.
Grazas ao Polo correo do Vento por facernos pasar un rato tan divertido e instrutivo.
Hoxe na Biblioteca de Maceda tivo lugar a actividade “Voces en conflito: entendendo os discursos de odio”, dentro do programa Ler Conta Moito. Foi unha sesión didáctica, dinámica e moi participativa, que buscou facer reflexionar ao público asistente —especialmente á mocidade— sobre como se xeran, difunden e normalizan os discursos de odio na sociedade actual.
A través de dinámicas de grupo, exemplos reais e ferramentas de análise crítica, traballouse sobre a importancia de identificar estes discursos e de fomentar actitudes baseadas na tolerancia, no respecto e na convivencia. A actividade resultou moi enriquecedora e adaptouse perfectamente ao contexto dunha biblioteca como espazo de encontro, formación e pensamento crítico.
Grazas a todas as persoas participantes e ao equipo que fixo posible esta xornada de aprendizaxe tan necesaria nestes tempos.
O martes, 7 de outubro, desfrutamos con “1 mar de cores” dunha sesión de contacontos e obradoiro sensorial que encantou ás familias de Oleiros.
Un agradable estímulo para os sentidos que puxo en valor en todo momento a nosa relación co medio natural.

A Farra achegounos un espectáculo onde nos contou a vida de Xan. Xan é un rapaz ao que lle gusta moito o mar. Unha mañá descobre que o mar xa non ten ondas e parece que está moi enfermo. Con Xan das Ondas emprendemos unha gran aventura mergullándonos no máis profundo dos océanos. Nesta aventura coñecemos aos habitantes dos mares e coa súa axuda descubrimos por que está enfermo o mar.

Na Biblioteca Municipal de Dorneda aconteceu un obradoiro “Da árbore ao libro” da man de Cuarto de inverno, o día 6 de outubro ás 17:30 h., no que nenos e nenas disfrutaron confeccionando un libro partindo de cero, coa súa cuberta e libriño debidamente decorados. Martín, o monitor encargado da actividade, explicoulles a todos, con anterioridade, un pouco a historia de cómo se fai un libro e de tódolos responsables do proceso. Os rapaces quedaron contentos co resultado e entenderon moi ben a explicación de Martín. Todos se foron felices para casa despois de pasar un anaco educativo, divertido e agradable.

Onte recibimos a visita do rato Fuco os Ratos de Lonxedetodo da man de Trinke Trinke teatro.Tróuxonos cancións en directo e algúns contiños que nos fixeron pasar unha mañán moi entretida.




Séguenos