Caxoto visitou a Biblioteca Municipal Os templarios (O temple – Cambre)
Este xoves 21 tivemos unha divertida tarde familiar na Biblioteca Municipal Os templarios (O Temple-Cambre) coa sesión “Levántate Xan (contos para bebés)”; unha función chea de animais, pequenas historias e cantigas para recrear o día a día na granxa de Xan. A sesión estivo a cargo do narrador oral Caxoto, da compañía A trastenda dos contos.









Encantounos o teatriño con todas esas xanelas a través das que Pablo nos contou os contos tradicionais e os non tan tradicionais. Agardamos que nos volva visitar axiña con máis contos tan espectaculares coma estes.












Séguenos