A cabeza do dragón de Títeres Cachirulo en Cordeiro
O príncipe Verdemar é desterrado do seu fogar, coa axuda do trasno Federico loitará contra bandoleiros e mesmo contra
un dragón para salvar á princesa Blancaflor.




O príncipe Verdemar é desterrado do seu fogar, coa axuda do trasno Federico loitará contra bandoleiros e mesmo contra
un dragón para salvar á princesa Blancaflor.




A biblioteca Celanova propúxose celebrar o Día das Bibliotecas cun obradoiro sobre ciencia. Moi boa resposta dos rapaces e rapazas de Celanova para aprender e divertirse.
Eí van os nosos próximos premios Nobel de Ciencia
Este xoves, 21 de outubro, estivo connosco amenizando a tarde para a rapazada, Xarope Tulú.
A través de diversas historias iremos descubrindo eses mundos invisibles que nos rodean, eses outros xeitos de vivir. Rapazas que soben e baixan escaleiras, bicicletas e parrulos, moitos parrulos. Con este argumento de fondo, foi como Atenea, seduciu aos cativos e cativas que viñeron á Biblioteca na tarde de hoxe. Ademais de desfrutar das animacións, foron partícipes en todo momento dunhas historias que fixeron as ledicias de todo o público presente.

A sala de actividades da nosa biblioteca acolleu o sábado 16 de outubro Brilla-brilla, un espectáculo para bebés da compañía Trémola Teatro.
As familias participantes quedaron abraiadas da gran calidade desta actividade na que as artistas conseguen manter a atención dos/as bebés en todo momento.

Damián Alonso Lorenzo( Solovoz) estivo cos nen@s de 3º E.S.O do I.E-S SAN MAMEDE de Maceda. Aprenderon a redactar, locutar e editar un podcast con técnicas de teatro e dobraxe.

Obradoiro de comic feminista con Ticiana Ghiglione Darriba e os neno@s de 2º E.S.O. do I.E.S- SAN MAMEDE de Maceda
Este xoves 21 tivemos unha divertida tarde familiar na Biblioteca Municipal Os templarios (O Temple-Cambre) coa sesión “Levántate Xan (contos para bebés)”; unha función chea de animais, pequenas historias e cantigas para recrear o día a día na granxa de Xan. A sesión estivo a cargo do narrador oral Caxoto, da compañía A trastenda dos contos.


Un grupo de avoas chegaron á biblioteca de Ares,
e estiveron contando cousas de avoas moi divertidas……
Cantamos e bailamos tod@s xunt@s





Pablísimo e o lobo
No día de hoxe, 21 de outubro, veunos visitar Pablísimo á biblioteca de Mondariz-Balneario, e coma sempre, o público quedou encantado coa contada sobre cabras, cabuxos, castróns, chibos e como non… lobos!!!
Encantounos o teatriño con todas esas xanelas a través das que Pablo nos contou os contos tradicionais e os non tan tradicionais. Agardamos que nos volva visitar axiña con máis contos tan espectaculares coma estes.


Séguenos