A VERDADEIRA HISTORIA DE HAMELÍN DESVELOUSE EN CAMARIÑAS

Dinámica e simpática versión do conto de Hamelín con malabares e clown.

Dinámica e simpática versión do conto de Hamelín con malabares e clown.
Onte comezamos as actividades de animación á lectura deste mes de setembro do programa LER CONTA MOITO co desexo de cumprir o noso obxectivo de seguir promocionando a educación e a cultura, pero sobre todo animar á lectura a nenos/as, mozos/as e adultos de todas as idades; ademáis de ofrecer espazos de encontro para descubrir, compartir e achegar á cidadanía á lectura e á información dun xeito divertido e ameno.
A primeira das actividades tivo lugar onte XOVES 16 de setembro ás 12:30 horas, no Auditorio do Concello, no que contaremos con Diego González Hermida “O CALBOROTA” que nos trouxo o seu espectáculo “UN RATO MÁXICO” no que “Don pergamiño, un vello e simpático rato de biblioteca extraordinaria que le tódolos libros que aparecen nas súas mans e os interpreta de tal xeito que os nenos e as nenas viven o seu contido e as súas aventuras como se foran propias”.
O show de maxia educativa moi interactivo onde se mesturou o ilusionismo co contacontos e os monicreques, fomentando a imaxinación e a participación co obxectivo principal de animar á lectura.
Os convidados a esta actividade, os alumnos de INFANTIL do CPI “Curros Enríquez” de Pazos, pasaron “UN RATO MÁXICO” estupendo e moi divertido.
Durante o encontro con Paula Carballeira todos e todas pasamos medo, o mesmo tempo na nosa cabeza quedaron historias e sorrisos, grazas Paula a semana foi moito mellor ca túa simpatía.


Onte pola mañá, dentro do programa Ler Conta Moito e organizado pola Biblioteca Municipal visitou Ribadeo Raquel Queizás co seu espectáculo Cinema Marabillas. Invitamos ao alumnado de 3º de Educación Primaria dos Colexios de Ribadeo. A proxección de fragmentos das primeiras adaptacións cinematográficas do cine mudo, inspiradas nos contos marabillosos e nos libros clásicos, permitiulles darse conta que as historias que coñecen, poden contarse de moi distintas maneiras. Espectáculo cheo de aventuras, humor, misterio, tenrura … e moita imaxinación.
Onte, estivo Antia facendo ” cousiñas”, moi interesantes con distintos materiais do día a día.
Non sabemos moi ben, se era física, química ou maxia……
Pero os nosos/as participantes gozaron e aprenderon moito de cada
un dos experimentos que fixemos na nosa biblioteca.
Así, da gusto aprender cousas!


O xoves 16 contamos coa compañía Tricotrí Teatro e a súa representación de Monstros de dez minutos. Actividade chea de contos e música cun ritmo moi animado, utilizando libros como Carapuchiña vermella, Monstro de minuto e medio, O monstro de cores e Hansel e Gretel.


Onte ás 11 da mañá Olga Abad fixo disfrutar aos nenos e nenas coa historia de Maruxiña, unha osa moi especial e aventureira.
Concerto musical protagonizado por un Paco Nogueiras totalmente entregado coas súas cancións emitidas desde o programa da Radio BULEBULE, os nenos e nenas participaron coreando cada unha das letras que falan da nosa lingua, do tempo, da información, dos pelos e do mundo en xeral.
Cumprindo sempre as normas COVID os asistentes bailaron dende as súas butacas, aplaudindo e animando sen parar desfrutando da hora que durou o concerto.

Paco Nogueiras en concerto
Radio BuleBule

O día 15 de setembro, gran participación e diversión de nenos/as, co grupo musical de María Faltri e Jorge Juncal con moita música, persoaxes, baile, cancións, etc
Onte á tardiña, Fuco uno dos ratos da aldea de Lonxedetodo , veu visitarnos á Biblioteca Concepción Arenal de Miño.
Contounos tres marabillosas historias de ratos, tamén nos ensinou cancións moi divertidas
Pasámolo xenial.

Momento máxico e xenial

Sempre atentos

Fuco fixo as delicias de grandes e pequenos


Séguenos