A verdadeira historia de Hamelin
A historia do frautista de Hamelin non é como nola teñen contado. Así o demostraba, botando man do humor, do xogo ou dos malabares, Mere Clown na Biblioteca Florencio Delgado Guarriarán do Barco


A historia do frautista de Hamelin non é como nola teñen contado. Así o demostraba, botando man do humor, do xogo ou dos malabares, Mere Clown na Biblioteca Florencio Delgado Guarriarán do Barco


Onte pasamos unha mañá máxica na biblioteca cá visita da maga Leo Leiño e a súa axundante Cris.

Explicáronos todos os segredos do Camiño de Santiago a través de contos e maxia.

Foi unha sesión boísima, pasámolo xenial!
A biblioteca traslada as súas actividades no verán á praia fluvial de Tapia, co programa Seráns en Tapia.
Nesta segunda sesión contamos coa actuación de Charo Pita que fixo as delicias dos mais cativos cos seus contos, que como sempre nos fan participar a todos e disfrutar dunha tarde de historias contadas e cantadas.

A biblioteca traslada as súas actividades no verán á praia fluvial de Tapia, co programa Seráns en Tapia.
Nesta segunda sesión contamos coa actuación de Vero Rilo e Sonsoles Penadique que coas súas narracións animaron ao público adulto con fermosas historias de mulleres, acompañadas de música que nos encandilou.

A biblioteca traslada as súas actividades no verán á praia fluvial de Tapia, co programa Seráns en Tapia.
Nesta segunda sesión contamos coa actuación de Soledad Felloza, que nos fixo gozar e sorrir coas súas historias cargadas de picardías dirixidas ao público adulto.

O mércores día 7 a axencia de lectura de Santiso recibiu a Anxo Moure , pasamos unha xornada moi divertida e aprendemos moito da natureza e do cambio climático.

O martes día 6 a axencia de lectura de Santiso recibiu o cantacontos de igualdade, pasamos unha xornada moi divertida e aprendemos moito coa tartaruga e o seu mozo Arturo.

O venres 2 de xullo visitounos Pakolas na BPM do Ézaro, en Dumbría.
Pasámolo en grande, cativos e non tan cativos, coa música e as historias de Ramona Órbita e a súa máquina do tempo.
Espectáculo perfectamente adaptado para tódalas idades, con moita marcha e moitas risas.
Nas biblios de Dumbría temos uns libros chulísimos de Pakolas, que podes vir ler cando queiras.



Mago por un día
O mércores 7 de xullo, na Biblioteca de O Burgo, rapaces de Culleredo participaron nunha actividade que xuntou diversión e coñecemento, valores, curiosidade e ilusionismo, foron magos por un día 


Séguenos